Xantar, debuxar e expoñer, verbos que conxugan en Mondoñedo (Lugo) con motivo do 8M

Actividades programadas dende a delegación de Muller que encabeza a popular María Ángeles Rodríguez 

Cedida

Mondoñedo conmemora o Día da Muller

Juana Carrera

Ribadeo - Publicado el

1 min lectura

Mondoñedo celebra o Día da Muller con diversos actos ao longo de varias semanas. Un deles tivo lugar este venres 7 coa inauguración do novo panel da exposición permanente “A Historia de Mondoñedo leva nome de muller” e a lectura da declaración “Mondoñedo en Igualdade”.

Nesta mostra, inaugurada no ano 2017, faise mención ás representantes do pasado, presente e futuro de Mondoñedo que dunha forma ou outra resultaron ser pioneiras na historia local. Este ano o panel está dedicado a Rosa Moledo, fotógrafa, Ruth Barro Piñeiro, científica, e Patricia Martínez Paz, médica, tendo tamén un recordo especial a todas as mulleres que traballaron na fábrica de gaseosas de Viloalle. O panel de 2025 estará exposto durante todo o ano na entrada da Casa do Concello e os anteriores poden visitarse na sala de reunións de Servizos Sociais e CIM, situada no baixo da Casa do Concello.

un xantar de igualdade

Como continuación a este acto, o sábado 15 de marzo terá lugar a xa tradicional “Comida da Igualdade” a partir das 14 horas na Finca San Antonio. Trátase dun encontro lúdico onde mulleres e homes poden compartir un espazo de igualdade. Haberá sorteo de agasallos e animación musical. Toda persoa interesada poderá anotarse nas oficinas de Servizos Sociais e CIM. O custo son 25 euros.

Ademais, está en marcha o concurso “Debuxando en Igualdade” para o alumnado dos centros educativos de Primaria, Secundaria e Bacharelato dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza, Riotorto e Meira, do que se entregarán os premios o vindeiro sábado 29 de marzo ás 17 horas no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” de Mondoñedo. A continuación, terá lugar un espectáculo de títeres pola igualdade titulado “Bebé...”