Mariña |

Xunta y Ayuntamiento de Ribadeo han valorado el Plan de Conservación de la Playa de Las Catedrales

La Conselleira de Medio Ambiente y Ordenación del Territorio, Beatriz Mato, se ha reunido con el alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, para abordar diversos temas de interés para la localidad mariñana. El tema principal fue el polémico plan de conservación de la playa de las catedrales; plan que el verano pasado mantuvo enfrentados a Consellería y Ayuntamiento Suárez Barcia explicó que se trata de una reunión más de las que vienen llevando a cabo con las diferentes administraciones (ADIF, Diputación, Xunta,…) para presentar el proyecto realizado desde el Ayuntamiento.

Xunta y Ayuntamiento de Ribadeo han valorado el Plan de Conservación de la Playa de Las Catedrales

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Mato detalloulle ao alcalde as principais liñas de actuación previstas pola Xunta e adiantoulle que se presentarán polo miúdo a próxima semana.

Ao respecto, a titular do departamento autonómico insistiu no compromiso que mantén o Goberno autonómico co mantemento e conservación deste espazo. Como proba, recordou que a Xunta, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, investiu en 2015 máis de 251.000 euros en distintas actuacións destinadas a este enclave.

Os técnicos da empresa redactora que traballa para o Concelo expuxeron cales están sendo as liñas nas que están traballando en todos estes meses dunha maneira discreta e silenciosa para ir avanzando no proxecto, que canto antes poida ser sacarán a información pública para explicarllo a todo o mundo e para que se poidan presentar alegacións e coa aprobación inicial, tal e como marca a normativa..

Suárez Barcia engade que “ao mesmo tempo estivemos valorando esta especie de réxime transitorio no que teremos que estar traballando as dúas partes para que a cidadanía e os visitantes, para que Ribadeo en definitiva e A Mariña se beneficien de toda esta marabilla que temos coas Catedrais e todo este potencial turístico e económico que supón para Ribadeo”.

O alcalde ribadense sinalou: “trátase de, que en tanto o Plan Especial que estamos en tramitación non estea aprobado definitivamente, organizar todo este tempo que seguramente xa empece coa Semana Santa e con este verán. A nosa misión, por parte do Concello de Ribadeo, sempre foi a de colaboración e intentar que os flocos e as rozaduras que puidera haber intentar matizalas polo ben de todos e singularmente polo ben da propia conservación deste monumento natural e ao mesmo tempo polo ben da economía local, da hostalería, da restauración, dos hoteis, do turismo en xeral e do movemento económico que iso provoca para Ribadeo”.

Suárez Barcia saíu satisfeito do encontro mantido esta mañá en Compostela con Beatriz Mato.

Hai que recordar que os interesados en visitar a praia das Catedrais durante a Semana Santa (entre o 19 e o 28 de marzo, incluídos) xa poden facer a súa reserva a través da páxina habilitada a tal fin:

 

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN