Mariña

La Xunta de Galicia alerta de un temporal de nivel naranja en la costa de Lugo

Por motivos del temporal aconsejan la suspensión de las actividades pesqueras y marisqueras como medida de prevención

El Cantábrico en Barreiros

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa nas provincias da Coruña e Lugo. Cabe lembrar que a Mariña de Lugo está en alerta laranxa por ventos do Noroeste con rachas de 100 qm/h que poden acadar refachos de 110 qm/h Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o nivel laranxa comenzará ao redor das 15 horas da tarde no litoral noroeste da Coruña e Lugo. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros. Por mor do temporal costeiro, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible. É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotores, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

12:00H | 22 NOV 2024 | BOLETÍN