Mariña |

La Xunta iniciará en verano las obras de ampliación y mejora del Hospital da Costa, mediante una inversión de 12,8 millones de euros

La conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, y el conselleiro de Sanidad, Jesús Vázquez, supervisaron las trabajos previos a la redacción del proyecto de ejecución de la primera fase de las actuaciones que van a realizar en el Hospital ubicado en Burela. Ethel Vázquez señaló que en mes de julio la Xunta ya dispondrá del proyecto de ejecución para proceder, a continuación, a su supervisión y aprobación. El conselleiro de Sanidad apuntó que en los criterios de planificación se potencia la atención ambulatoria con aumento de locales de consulta y gabinetes de exploración.

Momento donde muestran los trabajos que van a realizar

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

6 min lectura

A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, avanzaron hoxe que a Xunta iniciará en verán as obras de ampliación e mellora do Hospital da Costa, en Burela, mediante o investimento de 12,8 millóns de euros. Os conselleiros, acompañados pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, supervisaron hoxe os traballos previos á redacción do proxecto de execución da primeira fase das actuacións de ampliación.   Ethel Vázquez sinalou que no vindeiro mes de xullo a Xunta xa disporá do proxecto de execución para proceder, a continuación, á súa supervisión e aprobación.   A conselleira explicou que actualmente estanse a executar traballos xeotécnicos, que se iniciaron a pasada semana, para contar cun coñecemento detallado do terreo e poder definir axeitadamente os distintos elementos construtivos desta actuación. Estas accións estaas a levar a cabo a empresa adxudicataria dun contrato que integra a redacción do proxecto de execución e a realización das obras, nun procedemento deseñado para que a mellora do hospital se materialice o antes posible.   Cómpre lembrar que a Axencia Galega de Infraestruturas licitou as obras da primeira fase da ampliación e reforma que se levará a cabo neste complexo hospitalario da Mariña, por encomenda da Consellería de Sanidade.   A responsable de Infraestruturas destacou a importancia da colaboración e coordinación entre departamentos da Xunta e uso eficaz dos recursos públicos. Precisou que a Xunta traballa coordinadamente para dotar aos veciños da Mariña Luguesa dun Hospital de referencia, máis grande, con máis servizos e máis accesible, adaptado ás necesidades de pacientes e profesionais.   Ethel Vázquez salientou que neste proxecto tense en conta as necesidades complementarias á asistencia sanitaria e por iso prevese a construción dun aparcadoiro de 210 prazas. Ademais engadiu que durante os traballos vaise habilitar un número de prazas equivalente en dúas parcelas próximas coa fin de minimizar as molestias.   Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, sinalou que as obras no Hospital da Costa supoñen o desenvolvemento do plan director elaborado polo Servizo Galego de Saúde para este centro hospitalario. O novo Plan Funcional elaborado “propón un hospital moderno, accesible (cunhas circulacións internas e externas máis axeitadas que as actuais) e luminoso, aproveitando o magnifico entorno que tedes neste centro, un Hospital máis resolutivo e eficiente”.   A ampliación permitirá contar con 6.000 m² máis de superficie construída sobre os 17.600 m² existentes, para o que se construirá un novo pavillón en forma de “L” con catro plantas na parte máis longa e dúas na parte máis curta. Isto significa que os traballos suporán un incremento dun 30% da superficie actual do centro. Levaranse a cabo de forma compatible co funcionamento de todas as áreas actuais, así como garantindo a integración estética da nova construción co edificio xa existente.   Nos criterios de planificación, poténciase a atención ambulatoria con aumento de locais de consulta, así como de gabinetes de exploración e de postos de hospital de día e, ademais, fortalécense tamén os coidados intermedios. Na área de hospitalización, ampliarase e remodelarase a mesma para adaptala ás necesidades, coa creación de 24 novas habitacións e a remodelación de 30 habitacións actuais.   Balseiro: “Hoxe é un día grande para a Mariña e os seus vecinos” O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro dixo que “hoxe é un día grande para A Mariña e para os seus veciños e veciñas” tras participar no acto de presentación e inicio das obras de ampliación do Hospital da Costa, en concreto, coas primeiras catas xeolóxicas.   O dirixente popular agradeceu a visita efectuada polos conselleiros de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que xunto a destacados cargos institucionais da comarca e membros da empresa adxudicataria explicaron in situ en que consistirán as actuacións a desenvolver no Hospital público da Mariña lucense.   “Deu comezo a obra máis esperada e demandada polos veciños e veciñas da Mariña lucense, que se completará este verán. Esta actuación era un compromiso do Partido Popular e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, coa comarca e ese compromiso, a pesar de que eran momentos difíciles e a economía non estaba na mellor situación, empeza a facerse realidade hoxe ”   Balseiro puxo en valor esta obra que permitirá ampliar e remodelar o centro, mellorar a asistencia sanitaria e ganar en calidade das prestacións médicas e en comoidade, dispoñendo dunhas instalacións sanitarias moito mellores, máis amplas, e acordes cos tempos de hoxe.   A Xunta iniciará en verán as obras de ampliación e mellora do Hospital da Costa, en Burela, mediante un investimento de 12,8 millóns de euros tras desenvolverse hoxe as catas xeolóxicas necesarias para redactar o proxecto   Alfredo Llano valora positivamente el anuncio de la Xunta del inicio en verano de los trabajos de ampliación del Hospital   Llano manifestou que “isto é unha boa nova, unha boa nova porque xa levábamos moito tempo agardando que se fora concretando e confirmando a tan repetida ampliación do hospital e agora parece ser que vai levar un bo empuxe e se vai concretar. O Concello de Burela está contento non soamente por este concello senón tamén pola comarca”. O alcalde burelés subliñou que “a sanidade pública é algo que debemos promover, promocionar e potenciar. O Hospital da Costa é algo que van utilizar moitos veciños da comarca da Mariña, hai que pensar que somos uns 80.000 usuarios potenciais a diario máis os que veñen despois na época estival ou en determinadas vacacións que case chegan a duplicar esta poboación e por tanto consideramos que é vital este centro hospitalario”. Alfredo Llano considera que “hai que ter en conta outro factor, que eu penso que tamén é determinante para que este hospital sexa considerado un hospital xeral máis que un hospital comarcal, que é pensar na cantidade de sectores que poden necesitar del como pode ser a industria que temos moi cerca ou a cantidade de actividade portuaria ou de pesca. Tamén a cantidade de tráfico que temos na N-642 cunha intensidade enorme, que xustifican claramente que o noso hospital debe estar perfectamente dotado, con servizo e con capacidade para atender a todas as persoas que o puidesen necesitar no seu momento”. O alcalde de Burela sinalou que “nosoutros como Concello de Burela imos favorecer totalmente, como non pode ser doutra maneira, a construción desta ampliación do hospital. Imos favorecer todo aquilo que poida requerer o bo funcionamento da construción, imos mirar que isto vaia paralelo cunha ampliación de servizos, cun complemento de servizos, cunha boa atención sanitaria. É unha boa oportunidade tamén para recuperar a xerencia para A Mariña, tal e como a que tíñamos antes con autonomía sanitaria, económica e de organización. Penso que sería unha boa oportunidade agora que se vai ampliar, que o centro volva recuperar esas propiedades que nos foron arrebatadas”. O rexedor dixo: “considero que é unha boa nova, isto é mirando por dar un bo servizo, para potenciar a sanidade pública, que é o que hai que buscar. Polo tanto imos estar á expectativa, pero penso que é unha boa nova que se pense nesta ampliación e sexa o antes posible unha cousa definitiva e xa para utilizar”. Finalmente Llano engadiu que “evidentemente hai algo que se vai derivar de aí, que é a cantidade de traballo que se vai realizar. Vai ser molesto posiblemente en moitas ocasións, pero hai que buscar a maneira de que esa molestia sexa o menos posible e para iso si que imos poñer todo o que estea na nosa man para que sexa ben levado e que moleste o menos posible aos usuarios do Hospital da Costa”.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN