Xunta de Galicia

Alfonso Villares apoia as demandas do sector e reclama cambios ao Goberno central na distribución das cotas pesqueiras

Alfonso Villares apoia as demandas do sector e reclama cambios ao Goberno central na distribución das cotas pesqueiras

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O conselleiro do Mar, afirma que a presidencia española do Consello da UE foi unha oportunidade perdida para frear os recortes nas capturas en especies de gran interese para a frota galega

O Goberno galego presentou a comezos de ano alegacións ás resolucións da Secretaría Xeral de Pesca fronte aos recortes para as pesqueiras do abadexo e de raia reclamando poder acumular cotas de varias zonas alén da propia flexibilidade das 8C e 9A

As restricións en especies como o xurelo supuxeron un golpe de 11 millóns de euros ao sector no 2023, especialmente no cerco, sen que se estudie a situación en cada zona para permitir aperturas da pesqueira nalgunha delas

Galicia critica que se cargue nos axustes constantes á actividade da frota a mellora do estado dos caladoiros comunitarios a pesar dos indicios de sustentabilidade medioambiental que non teñen traslado efectivo na actividade pesqueira

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, apoia as demandas do sector pesqueiro galego e reclama ao Goberno central cambios na política de cotas pesqueiras que permita garantir a sustentabilidade medioambiental dos caladoiros así como a viabilidade económica da actividade pesqueira. Así, o responsable autonómico pon en valor a actuación do Goberno autonómico en defensa dos intereses da pesca galega coa presentación de alegacións ás resolucións da Secretaría Xeral de Pesca na que se recollían propostas concretas que permitían mellorar o reparto de TACs actual.O conselleiro do Mar recorda que o reparto de cotas acordado no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea a finais do ano pasado foi unha oportunidade perdida, especialmente se temos en conta que nese momento España ostentaba a presidencia rotatoria do Consello da UE. “Así o manifestamos en Bruxelas durante as negociacións que non supuxo ningunha mellora á proposta inicial da propia Comisión”, explica. Deste xeito, non houbo ningunha reversión dos recortes nas capturas en especies de gran interese para a frota galega como poden ser o xurelo, o abadexo ou a raia, entre outras.Nesta liña, destaca que desde Galicia se realizaron alegacións a comezos de ano ás resolucións da Secretaría Xeral de Pesca fronte a estes recortes reclamando poder acumular cotas de varias zonas alén da propia flexibilidade das 8C (de Fisterra para arriba e o Cantábrico) e 9A (Fisterra cara abaixo). A xa exigua cota de abadexo fixada para os anos 2024 e 2025 de 70 toneladas para a zona 8C redúcese polo rebasamento no 2023 das posibilidades de captura en so 55,7 toneladas. Co obxectivo de limitar o impacto na frota galega, alegouse ante o Ministerio que a resolución apunta que, en base á evolución dos consumos, se podería engadir a porcentaxe que se determine da cota de España de zonas como a 9A, respectando as necesidades da frota autorizadas nesas zonas. É dicir, a acumulación de ambas posibilidades de pesca para derivar cotas de abadexo non consumidas noutras zonas.Alfonso Villares resalta que desde a Administración autonómica se leva tempo traballando nunha proposta que leve a racionalizar a determinación de TAC e cotas sobre especies que poden ser estranguladoras da actividade pesqueira e non teñen perigo real de colapso das poboacións. Así, resaltou que a Xunta presentou informes que testemuñan o impacto económico dos recortes nas capturas doutra especie importante para os intereses galegos como o xurelo que alcanzou os 11 millóns de euros polo que desde Galicia se reclama un análise por zonas da situación do recurso para permitir abrir a pesqueira nalgunhas áreas. Cómpre recordar que o ano pasado consumiuse menos do 60 % da cota que se podía pescar por parte da frota galega de artes menores, quedando sen utilizar preto de 33.000 quilos.Desde a Xunta se critica que se cargue nos axustes constantes á actividade da frota a mellora do estado cos caladoiros comunitarios a pesar dos indicios de sustentabilidade medioambiental que despois non teñen traslado efectivo á propia actividade pesqueira. Tamén se reclama unha revisión da implantación de TAC plurianuais seguindo pautas de equilibrio e non a baixa así como que estas sexan debatidas coas CC.AA. co obxectivo de aportar datos que permitan alzas e novos axustes.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN