Xunta de Galicia

Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura folk no festival que se celebra na beira do Sar esta fin de semana

Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura folk no festival que se celebra na beira do Sar esta fin de semana

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director xeral de Cultura participa na presentación desta cita que contará cunha mostra fotográfica, un espazo gastronómico e a actuación de Carlos Núñez

A iniciativa está enmarcada na nova edición de ‘CulturON’, a campaña da Xunta que enche os meses de estío de cultura con máis de 30 propostas diarias

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, fixo hoxe un chamamento para convidar a cidadanía a gozar da cultura folk. Fíxoo na presentación do festival que se celebra esta fin de semana na beira do río Sar cun amplo abano de actividades que inclúen unha mostra fotográfica, un espazo gastronómico e actuacións musicais, como a de Carlos Núñez, que terá lugar o domingo 14 na praza da Colexiata.Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agradeceu o compromiso na difusión da música e o baile tradicional que se realiza a través do Festival Folk na beira do Sar que, coa colaboración da Xunta, “agroma multitude de propostas para promover e poñer en valor a nosa cultura e os proxectos nacidos na nosa Comunidade”.O director xeral de Cultura salientou tamén a consolidación desta cita, que se enmarca na campaña

que a Xunta de Galicia ten en marcha este verán e que ofrece unha ampla oferta de plans culturais en máis de 200 concellos de Galicia. Trátase dunha iniciativa que celebra xa a súa segunda edición e que conta cunha media de máis de 30 actividades diarias e que inclúe desde propostas infantís, festivais, música, novo circo, teatro, exposicións ou danza.O Festival Folk na Beira do Sar, que se celebrará os días 13 e 14 de xullo, conta cun amplo e diverso catálogo de propostas para todos os públicos, como a presentación de

, o novo disco de Carlos Núñez, que se celebrará o domingo 14, ás 20,30 horas, na praza da Colexiata, como peche da cita.A programación comezará o sábado coa apertura dunha mostra fotográfica e un espazo gastronómico na Colexiata de Sar. As actividades da primeira xornada inclúen tamén a actuación do Trío Slimak, Kercuez e Alvariza, animación para a cativada e unha exhibición de música e baile tradicional coa participación da Agrupación Folclórica Colexiata de Sar e a formación Os Intrépidos de Ulla. Xa o domingo está previsto o concerto

a cargo da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Agrupación folclórica Colexiata de Sar.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN