Xunta de Galicia

Belén do Campo participa no izado das bandeiras Azul e de Q de Calidade turística no Real Club Náutico de Portosín, que certifican a calidade dos seus servizos

Belén do Campo participa no izado das bandeiras Azul e de Q de Calidade turística no Real Club Náutico de Portosín, que certifican a calidade dos seus servizos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Izouse ademais a bandeira S de Sustentabilidade Turística, que se lle concede por primeira vez este ano

O acto, que serviu para enxalzar a accesibilidade e sustentabilidade das súas instalacións, tamén acolleu a bendición de embarcacións dos novos socios

A delegada resaltou que conseguir e manter estes galardóns é un traballo conxunto “tanto das administracións como das entidades titulares das instalacións” e subliñou “a importancia” que teñen estes distintivos como reclamo turístico

A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou hoxe no izado das bandeiras Azul e Q de Calidade turística no Club Náutico de Portosín que acredita que os seus servizos e instalacións cumpren cuns criterios moi rigorosos e exixentes de calidade. Izouse ademais a bandeira S de Sustentabilidade Turística, que se lle concede por primeira vez. No acto tamén se levou a cabo a bendición das 14 embarcacións dos socios que se incorporaron recentemente ao club.No caso da bandeira azul trátase dun distintivo co que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais, portos deportivos, centros e sendeiros seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. No acto a representante do Goberno autonómico tamén participou na entrega da insignia Q de Calidade Turística.Belén do Campo lembrou que Galicia conta este ano cun total de 114 praias pertencentes a 35 municipios galardoadas coa bandeira azul. Desde xeito, Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para os seus areais, xunto con Valencia (que suma 138) e Andalucía (130).Así mesmo, Adeac tamén recoñece os servizos e o bo estado dos portos deportivos. Das 102 instalacións recoñecidas no conxunto do país, 11 están en Galicia, unha menos que na pasada edición, xa que o Club Náutico Boiro–Marina Cabo de Cruz non presentou candidatura este ano por estar en obras.Este recoñecemento concédese a esta entidade por 33º ano consecutivo, feito que converte ao Real Club Náutico de Portosín no máis veterano de Galicia con este recoñecemento e o único que o ostenta desde a súa creación.Belén do Campo destacou a aposta pola calidade que desde Turismo de Galicia se está a facer como elemento diferenciador e de posicionamento do destino: “Galicia Calidade é moito máis que unha frase ou un slogan, representa o impulso cara a excelencia no que levamos traballando desde hai moito tempo desde a Xunta de Galicia”.A delegada resaltou que conseguir e manter estes galardóns é un traballo conxunto “tanto das administracións como das entidades titulares das instalacións” e subliñou “a importancia” que teñen estes distintivos como reclamo turístico. “Nun mundo onde o turista sempre busca máis información á hora de elixir unha praia ou onde pasar as vacacións é moi importante contar con indicios fiables como son as bandeiras azuis”, indicou a delegada, quen lembrou que acadar esta distinción supón “un esforzo importante para cumprir cos criterios rigorosos do proceso, pero merece a pena pois os beneficios obtidos son importantes”.A representante do Goberno autonómico salientou que este tipo de recoñecementos permiten consolidar a comunidade galega como un destino seguro e sostible. “Galicia está de moda e debemos traballar para que isto se manteña no tempo”, rematou.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 07 NOV 2024 | BOLETÍN