Xunta de Galicia

Caamaño destaca a contribución de Marisa Crespo á Sanidade Pública Galega no seu nomeamento como filla predilecta da provincia de Ourense

Caamaño destaca a contribución de Marisa Crespo á Sanidade Pública Galega no seu nomeamento como filla predilecta da provincia de Ourense

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O titular de Sanidade puxo en valor o traballo da doutora Crespo no eido das investigacións vinculadas á insuficiencia cardíaca e aos transplantes de corazón

Destaca a súa traxectoria profesional e a importancia do seu labor para que a sanidade galega sexa considerada hoxe en día un referente no ámbito da cardioloxía

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou este mediodía no acto de nomeamento da doutora Marisa Crespo Leiro como filla predilecta da provincia de Ourense. Na súa intervención remarcou a súa “decisiva contribución” para conseguir facer avanzar a medicina na comunidade galega.Caamaño incidiu en que a doutora Crespo é unha “das responsables de que Galicia sexa referente no ámbito da cardioloxía” destacando as súas achegas científicas vinculadas á insuficiencia cardíaca e aos transplantes de corazón.“A doutora Crespo é unha galega de honra, a provincia de Ourense fai ben en reivindicar como propia a orixe dunha das profesionais que contribúen a que Galicia teña un sistema público de saúde do que sentirnos orgullosos”, remarcou o titular de Sanidade da Xunta. No transcurso da súa intervención, Gómez Caamaño salientou o traballo da doutora Crespo ao longo da súa traxectoria profesional, un labor que lle valeu diversos recoñecementos a nivel nacional e internacional, e que abrangueu tanto o eido asistencial, como os da investigación e o da divulgación científica. “En nome da Consellería de Sanidade, grazas por todos estes anos de traballo e contribucións á saúde na nosa comunidade”, concluíu Gómez Caamaño. A doutora Crespo licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en Cardioloxía no Hospital Porta de Hierro de Madrid, e doutorándose na Universidade Autónoma de Madrid. Tras desempeñar o seu labor como cardióloga no Hospital Virxe da Saúde de Toledo, ingresou no Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, onde exerce como xefa de sección da área de Insuficiencia Cardíaca.Así mesmo, coordina o Grupo de Investigación de Insuficiencia Cardíaca avanzada do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e é xefa de Grupo no CHUAC do Centro de Investigación Biomédica en Rede Cardiovascular (CIBERCV) do Instituto de Saúde Carlos III. En outubro de 2023, foi nomeada vicepresidenta electa da Sociedade Española de Cardioloxía.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN