Xunta de Galicia
Catro agrupacións de voluntarios de Protección Civil da comarca de Santiago reciben equipamento de emerxencias cedido pola Xunta
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Trátase dunha tenda de campaña e 3 kits de ferramentas eléctricas
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou na entrega de diverso equipamento de emerxencias a sete Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da comarca da Coruña. Trátase dunha tenda de campaña e 3 kits de ferramentas eléctricas que suman un investimento superior aos 12.000 euros.As tendas de campaña, entregadas aos concellos de Boimorto, Ordes/Frades e Oroso, contan con teitos de 4x4 metros, estruturas reforzadas de aluminio e kit de iluminación de baixo consumo, entre outras características. En canto ás ferramentas eléctricas, entregadas ao concello de Ames, o kit consta de amoladora, serra sable, motoserra con mochila para transporte, taladro percutor, miniarrancador, baterías e cargadores.O equipamento entregado enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Dos 86 colectivos beneficiarios desta convocatoria, 25 son da provincia da Coruña. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia.Belén do Campo reafirmou o compromiso da Xunta cos servizos de emerxencias a pesar de ser competencia local –dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menor poboación–. Nesta liña, a Xunta realizou nos últimos anos un importante investimento para reforzar o equipamento aos servizos de emerxencias municipais. Só no caso de Protección Civil, as achegas dos últimos anos para o financiamento da súa actividade, equipamento e formación suman máis de 22 millóns de euros. De feito, neste ano, preto de 200 AVPC se beneficiaron da orde anual para gastos de mantemento, dotada con 340.000 euros.A delegada destacou a importancia do labor das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, non só como servizo de emerxencias local, senón tamén como rede que actúa en todo o territorio. Só en 2023 estes colectivos participaron en máis de 48.000 operativos no conxunto de Galicia. Referiuse tamén á importancia da formación dos membros destas agrupacións, que ao longo do último ano dispuxeron de case un cento de cursos na Academia Galega de Seguridade Pública específicos para a súa preparación. As accións formativas sumaron preto de 2.000 participantes.Para Belén do Campo, a dedicación e xenerosidade dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil merece o máximo apoio das administracións para facilitar o desenvolvemento do seu labor “con todas as garantías de seguridade e eficacia”, xa que moitas veces son os primeiros en chegar ao lugar dun accidente ou sinistro. A representante do Goberno autonómico incidiu tamén no recoñecemento e agradecemento por “unha entrega que converte estas agrupacións en exemplos de heroicidade e en símbolos de solidariedade”.Neste marco de apoio aos servizos de emerxencias locais, no que vai de ano a Xunta tamén entregou diversas dotacións a catro Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). O investimento só en equipamento para servizos de emerxencias municipais da comunidade, tanto GES como Protección Civil, supera os 27 millóns de euros nos últimos anos.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando