Xunta de Galicia

A conselleira María Martínez Allegue visita a actuación na contorna do río Louro executada no Porriño ao abeiro do plan Hurbe

A conselleira María Martínez Allegue visita a actuación na contorna do río Louro executada no Porriño ao abeiro do plan Hurbe

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A intervención consistiu, entre outras na pavimentación do viario paralelo á vía férrea nun treito de 1,5 km coa delimitación dun carril bici direccional e unha zona de tránsito peonil

Os traballos tiveron un investimento de 401.000?, financiado nun 70% pola Xunta e no 30% restante polo Concello

A conselleira pon en valor o Plan Hurbe como “unha oportunidade real para dotar de equipamentos públicos e mellorar as contornas urbanas, con actuacións que se erixen en fundamentais para a dinamización social e cultural do territorio”

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe xunto ao alcalde Alejandro Lorenzo, e o delegado territorial de Pontevedra, Agustín Reguera, a actuación de acondicionamento da contorna do paseo do río Louro que se desenvolveu ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta.A través desta intervención, cun investimento de 401.000 euros, acometeuse o acondicionamento do viario asfaltado paralelo á vía férrea, nas proximidades do paseo do Louro nun treito de 1,5 quilómetros e incluíron a pavimentación do viario e a posterior sinalización horizontal para a delimitación de dúas zonas: un carril bici bidireccional de 2,6m de ancho e zonas de tránsito peonil, de 2m. A actuación completouse coa instalación do alumeado mediante columnas de 5 metros de altura e luminarias con sensores de presencia.Os traballos foron financiados a través do convenio de colaboración asinado entre as administracións autonómica e local, no que a Xunta financiou o 70% da obra e o concello asumiu o 30% restante.A conselleira convidou á veciñanza a desfrutar do novo espazo e destacou a actuación realizada, ao subliñar que intervencións como a realizada no Porriño melloran a calidade de vida de veciños e visitantes e “constitúen a culminación con éxito dun proxecto co que queremos poñer en valor esta contorna e esta vila”.“Actuacións como esta representan á perfección o espírito de colaboración que defende a Xunta –sinalou Martínez Allegue–. O Plan Hurbe supón unha oportunidade real para dotar de equipamentos públicos e mellorar as contornas urbanas”. Neste senso, apuntou que con estas intervencións “estamos a crear as condicións propicias para o desenvolvemento sostible dos nosos concellos, a través de proxectos cos que estamos a recuperar espazos públicos e a subliñar a súa singularidade”.Engadiu que este plan, co que a Xunta financiou nos últimos catro anos 86 proxectos en Galicia, cun investimento de 17,1 M?, supón “un pasiño máis da posta en valor das vilas, tanto as grandes como as pequenas, e dos núcleos rurais, que defendemos nas nosas políticas de urbanismo”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN