Xunta de Galicia

O Consello asesor en intelixencia artificial do sistema público de saúde de Galicia analiza o anteproxecto de Lei da Xunta na materia

O Consello asesor en intelixencia artificial do sistema público de saúde de Galicia analiza o anteproxecto de Lei da Xunta na materia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Galicia é pioneira na regulación dos novos modelos de uso das tecnoloxías no sector público e impulsa un innovador proxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial

As novas tecnoloxías resultan estratéxicas en moitas áreas da saúde, especialmente no diagnóstico de enfermidades e na predición de posibles riscos e novas patoloxías

Os bos resultados da intelixencia artificial aplicada á saúde nos últimos anos leva a impulsar o seu uso, de xeito regulado e harmonizado

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presidiu esta semana unha nova reunión do Consello Técnico Asesor en intelixencia artificial e espazo de datos do Sistema Público de Saúde de Galicia que analizou o contido do anteproxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial que vén de presentar a Xunta. Na xuntanza do Consello tamén participaron o xerente de ACIS, a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, Antonio Fernández–Campa; o subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade, Benigno Rosón; e a directora da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación da AMTEGA, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, María Bobillo. O Consello Técnico Asesor en intelixencia artificial e espazo de datos do Sistema Público de Saúde de Galicia ten, entre as súas principais funcións, propoñer as medidas que se deben adoptar co fin de garantir un uso seguro e ético da intelixencia artificial e da xestión dos datos, en colaboración coas liñas de traballo establecidas no Nodo Galego de Intelixencia Artificial.É un órgano colexiado creado para o asesoramento da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde no deseño e na proposta das políticas en materia de intelixencia artificial no que participan persoas con formación nesta materia en ámbitos conexos como o dereito sanitario ou a bioética, entre outros, coa finalidade de que poidan desenvolver axeitadamente as súas funcións.O principal asunto abordado na reunión celebrada esta pasada semana foi o anteproxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia, que o Executivo galego ten en exposición pública ata o 31 de xullo.Galicia é pioneira na regulación dos novos modelos de actuación e de emprego das tecnoloxías no sector público e acaba de presentar este innovador proxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial co que pretende aliñar as normativas das comunidade co próximo Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial, manténdose na vangarda tecnolóxica.O anteproxecto de lei, apoiado pola Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030, ten como obxectivos principais establecer principios éticos para o deseño, adquisición, implementación e uso de sistemas de intelixencia artificial na administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, así como recoñecer e protexer os dereitos da cidadanía en relación cos sistemas de intelixencia artificial utilizados pola administración.Outros dos obxectivos da nova lei son crear un marco legal coherente cos valores e normativas europeas; regular os procedementos de deseño e adquisición de sistemas de intelixencia artificial; fomentar a cooperación entre o sector público e privado para potenciar as oportunidades nesta materia; atraer e reter talento cualificado en Galicia; e poñer en marcha programas de formación e capacitación en intelixencia artificial.O proxecto de lei responde ao compromiso da Xunta por facilitar a incorporación de tecnoloxías dixitais de alto impacto, garantindo criterios éticos e de seguridade. Así mesmo, alíñase coas directrices do Parlamento de Galicia para adoptar o marco europeo antes da entrada en vigor do Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial en 2024.Con esta nova lei, Galicia reafirma o seu compromiso coa innovación tecnolóxica e o desenvolvemento sostible, emprazándose como líder na regulación e aplicación da intelixencia artificial no sector público.As novas tecnoloxías resultan estratéxicas en moitas áreas da saúde, especialmente en ámbitos como o diagnóstico de enfermidades ou na predición de posibles riscos e novas patoloxías que poidan xurdir nun paciente, todo iso, en función da análise de datos que se van recollendo progresivamente da cidadanía. Así, os bos resultados da intelixencia artificial aplicada á saúde pública nos últimos anos levou a que exista unha necesidade clara e decidida por impulsar o seu uso en sanidade, pero tamén por regular e harmonizar oportunamente esta tecnoloxía.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

12:00H | 30 NOV 2024 | BOLETÍN