Xunta de Galicia

Diego Calvo defende a anticipación e planificación da Xunta na regulación das vivendas de uso turístico cun decreto "pioneiro" que funciona desde 2017

Diego Calvo defende a anticipación e planificación da Xunta na regulación das vivendas de uso turístico cun decreto “pioneiro” que funciona desde 2017

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O conselleiro de Presidencia defendeu no Parlamento o éxito do modelo turístico, con máis de 7 millóns de visitantes e os mellores datos de rendibilidade hoteleira

Admitiu que o fenómeno das VUT evolucionou de forma significativa “pero de ningunha forma podemos aceptar que sen control ou regulamento da Xunta” e defendeu a validez da norma autonómica, avalada dúas veces pola xustiza

Recorda que o decreto especifica claramente que os concellos teñen potestade para regular segundo as súas competencias, como tamén as comunidades de veciños

O conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, defendeu hoxe no Parlamento de Galicia a anticipación e previsión do Goberno galego en relación á regulación das vivendas de uso turístico cun decreto “pioneiro” que permitiu regular, dende a súa entrada en vigor no ano 2017, máis de 24.000 aloxamentos deste tipo na comunidade autónoma.Fíxoo durante unha interpelación parlamentaria na que puxo en valor, ademais, o éxito do modelo turístico impulsado pola Xunta de Galicia, avalado por “resultados espectaculares”. “Máis de sete millóns de visitantes chegaron a Galicia en 2023, con 13,3 millóns de pernoitas e acadáronse os mellores niveis de rendibilidade hoteleira da historia, cun crecemento de máis do 6 % en relación ao ano 2022 e do 27 % en relación a antes da pandemia”, manifestou.Diego Calvo sinalou que os galegos apoian este modelo e lamentou que discursos baseados na premisa da “turismofobia” poñan en perigo un sector no que están ocupadas preto de 130.000 persoas.Ao respecto do fenómeno das vivendas de uso turístico, lembrou que o Goberno autonómico galego foi pioneiro na posta en marcha dun decreto para regular esta modalidade de aloxamento. Un texto legal que foi redactado en “diálogo tanto co sector hoteleiro, como coas entidades locais”. Reivindicou, ademais, a validez da norma, avalada dúas veces pola xustiza, que dá seguridade xurídica a propietarios, usuarios e sector turístico.O conselleiro da Presidencia rexeitou que se aborde esta cuestión apelando a “falsos” datos e interpretacións erróneas e enmarcou o debate do ordenamento das vivendas de uso turístico “nun fenómeno global”. Neste sentido, admitiu que o denominado “fenómeno das VUT”, medrou dunha forma significativa nos últimos anos, “pero de ningunha forma podemos aceptar que sen control e regulamento”.Tal e como manifestou Calvo, “a normativa autonómica funciona”. O seu rexistro actualízase de xeito constante mes a mes, incorporándose á oferta de aloxamento da comunidade como unha modalidade complementaria e non excluínte ao resto de tipoloxías. “De feito, as súas prazas non están activas sempre, xa que poden compatibilizar, se así o desexan os propietarios, o seu uso residencial co turístico”, abondou o conselleiro.Xunto a isto, Calvo indicou que o decreto especifica claramente que as entidades locais teñen potestade para regular este tipo de vivendas segundo as súas competencias desde a posta entrada en vigor do decreto e lamentou que resulte máis doado a algúns consistorios municipais “botarlle a culpa á Xunta de Galicia” dun suposto “descontrol premeditado” ao respecto da súa regulación e de falta de medidas de ordenamento.O conselleiro lamentou, particularmente, que o Concello de Santiago de Compostela prometera ás familias con VUTs “a súa regularización” e que, agora, “pretenda ilegalizalas todas, agás cun período de barra libre de dous meses”. Faino cunha ordenanza que está a tramitar e que permite o alugueiro como VUTs durante 60 días ao ano mentres os propietarios a teñan como residencia habitual durante 183 días anuais.Ao seu xuízo, esta medida potenciará o aluguer temporal e non os permanentes. Porén, segundo asegurou o conselleiro, “a colaboración da Xunta co Concello de Santiago, como con todos os concellos galegos, é total na regulación das VUTs”.Finalmente, Calvo reflexionou ao respecto de que “mentres comunidades autónomas como Galicia fomos pioneiras en dar un marco legal á realidade das VUTs, o Goberno estatal tardou seis anos en reaccionar”. “Faino agora de xeito descoordinado e sen diálogo coas comunidades autónomas, competentes na materia”, aseverou. E lamentou que Galicia non fóra convocada á reunión promovida hai uns días polo Executivo central, nin por parte de Vivenda nin pola de Turismo, para abordar esta cuestión lamentando, ademais, que se “alente” á súa prohibición por parte dos concellos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados