Xunta de Galicia

A Escola Galega de Saúde Pública forma persoal dos concellos da provincia de Pontevedra na prevención e control do mosquito tigre

A Escola Galega de Saúde Pública forma persoal dos concellos da provincia de Pontevedra na prevención e control do mosquito tigre

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Os concellos de Mos, Vilaboa, Sanxenxo, Marín, Vigo, O Porriño, Cangas, Soutomaior e Nigrán participaron nunha xornada formativa sobre a colocación e recollida de mostras desta especie

Un equipo conformado por biólogos, veterinarios e entomólogos trasladaron as ferramentas necesarias para realizar a vixilancia do mosquito tigre

A Escola Galega de Saúde Publica vén de impartir unha xornada formativa a persoal dos concellos da provincia de Pontevedra que colaboran coa Rede Galega de Vixilancia de Vectores, REGAVIVEC, co obxectivo de capacitar ao seu persoal nas tarefas de colocación de trampas e na recollida de mostras do mosquito tigre.O Auditorio Xunqueira de Redondela acolleu un obradoiro no que veterinarios e biólogos da Consellería de Sanidade, xunto cun equipo de entomólogos da Universidade de Vigo, trasladaron os coñecementos e os materiais precisos para levar a cabo a vixilancia (captura, manexo e traslado ao laboratorio das Universidades de Vigo ou Santiago) dos exemplares de mosquito tigre que detecten nas súas localidades.Un total de 9 concellos –Mos, Vilaboa, Sanxenxo, Marín, Vigo, O Porriño, Cangas, Soutomaior e Nigrán– participaron nun curso formativo no que se abordan desde o ciclo biolóxico da especie Aedes Albopictus, ata as principais medidas de vixilancia e prevención, co obxectivo de que os participantes poidan elaborar os seus propios programas de xestión municipal.A Rede Galega de Vixilancia de Vectores, REGAVIVEC, reforzará a vixilancia desta especie nos concellos nos que durante o pasado ano se detectaron exemplares de mosquito tigre. Así, estenderá este control aos municipios lindeiros, co fin de determinar a súa extensión. Por este motivo, durante a curso desta mañá, ademais da formación, tamén se lle fixo entrega de material aos concellos asistentes para realizar o trampeo de vixilancia do mosquito tigre nestas zonas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN