Xunta de Galicia
Fabiola García pon en valor o apoio da Xunta de Galicia ao programa vacacións en paz
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O Goberno galego inviste este ano 100.000 euros para colaborar no traslado de case 290 menores acollidos en máis de 240 fogares
Galicia é a segunda comunidade que máis rapaces saharauís recibe no marco da colaboración con Sogaps dende hai máis de 30 anos
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo un encontro esta mañá con rapaces saharauís e familias que participan no programa Vacacións en Paz. Estivo acompañada da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o delegado saharauí en Galicia, Mohamed Mehdi, e a presidenta de Sogaps–Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Maite Isla, recentemente condecorada coa Medalla Castelao.A Xunta achega 100.000 euros a esta entidade para colaborar con eles no traslado destes menores a Galicia. Este verán son case 290 os rapaces saharauís acollidos en máis de 240 fogares galegos, 50 máis que o ano anterior. Un dato que valorou positivamente a conselleira, ademais de poñer en valor o labor das familias que os acollen e o apoio que ofrece a Xunta de Galicia a esta iniciativa.Durante o encontro, no parque infantil do Pazo de Mos, Fabiola García destacou, ademais, que Galicia é a segunda comunidade que acolle máis menores saharauís no verán, para afastalos das altas temperaturas que se rexistran nesta época na súa terra. A conselleira explicou que isto é posible grazas aos máis de 30 anos de estreita colaboración entre Sogaps e o Goberno galego.Por provincias, Pontevedra é a que máis rapaces saharauís recibe este ano: 125 menores distribuídos en 33 concellos e 93 familias. 11 deles, en Mos. Outros 107 rapaces pasan o verán en 41 concellos da provincia da Coruña, acollidos por 97 familias. En Ourense hai 32, repartidos en 15 concellos e 29 familias. En Lugo, 24, en 10 concellos e 23 familias.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando