Xunta de Galicia
O Festival Sinsal pecha mañá esta edición enmarcada na programación estival da Xunta
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asiste á segunda xornada de concertos na Illa de San Simón
O representante da Xunta de Galicia destaca que a “singularidade desta proposta musical fai que sexa das máis sorprendentes e queridas do ‘CulturON’”
O cartel, que ten un carácter secreto, conta con 26 bandas procedentes de 15 países
Trátase dunha das iniciativas adheridas á marca FEST Galicia da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe, acompañado director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, á segunda xornada do Festival Sinsal. A iniciativa celébrase ata mañá na illa de San Simón co apoio da Xunta a través de FEST Galicia, a marca impulsada desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para a promoción do noso territorio como destino musical de calidade, que este ano lle achega 70.000 euros por medio dun contrato de patrocinio.Na súa visita, o responsable autonómico de Cultura destacou a singularidade desta cita cuxo cartel artístico é secreto e o público só descobre ao desembarcar, o que o converte, tal e como sinalou “nunha das propostas máis sorprendentes e queridas do
, a campaña que a Xunta de Galicia ten en marcha con máis dunha trintena de propostas diarias para os meses de verán”. Esta edición caracterízase de novo pola diversidade de estilos e orixes, con máis de 20 bandas e solistas de 15 países de Europa, África, América e Asia. Así, o encontro está consolidado no panorama estatal tanto polo seu carácter diferenciador no eido musical como pola contorna na que se desenvolve. O festival completa a súa programación con actividades paralelas como as iniciativas incluídas na Escola Sinsal, vinculadas á historia do rexistro sonoro; as
, que recuperan arquivos sonoros domésticos; as
, nas que as bandas e solistas realizan gravacións breves dos seus temas nun cilindro fonográfico de cera. Ademais, #sinsalsenrastro acolle o obradoiro para público familiar
e
ofrece rutas para coñecer o patrimonio desta illa e de Santo Antón.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando