Xunta de Galicia

O Goberno central rectifica e inclúe a Galicia no Proxecto Viena que permitirá construir 301 vivendas protexidas en 4 solos da Sareb na comunidade

O Goberno central rectifica e inclúe a Galicia no Proxecto Viena que permitirá construir 301 vivendas protexidas en 4 solos da Sareb na comunidade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A incorporación da comunidade ao programa fora unha das demandas efectuadas pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na reunión mantida en maio coa ministra Isabel Rodríguez, reiterada posteriormente por carta e no encontro da pasada semana en Betanzos

Os catro solos onde se construirá vivenda protexida sitúanse nos concellos de Ribeira, Cangas e Lugo

M. Allegue reitera a capacidade de xestión e de cumprimento da Xunta e amosa a disposición do Goberno galego “para seguir afondando nesta colaboración que nos permita seguir incrementando o parque público de vivenda no noso territorio, ofrecendo vivenda pública accesible aos diferentes colectivos que a demandan”

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, vén de destacar a rectificación do Goberno central ao incluír agora Galicia no proxecto Viena, que permitirá construír 301 vivendas de promoción autonómica en catro solos da Sareb na comunidade. A inclusión de Galicia neste programa fora unha das reclamacións que M. Allegue realizara á ministra de Vivenda y Agenda Urbana, Isabel Rodríguez, na reunión mantida en Madrid o pasado 8 de maio, e posteriormente reiterada tamén por carta. Os solos propiedade da Sareb onde se construirá VPA sitúanse nos concellos de Ribeira (concretamente na avenida da Coruña); Cangas (na avenida de Ourense) e Lugo (con solos na Rúa Orquídea e na rúa dos Paxariños). A través do programa Viena, a Sareb pon solo á disposición dos promotores para que constrúan vivendas para alugueiro que, pasado o prazo de concesión, pasarán a mans dos concellos ou das comunidades autónomas ás que Sareb transfira a actuación antes da extinción da sociedade.Martínez Allegue remitiu hoxe unha nova carta á ministra na que sinala que a Xunta seguirá a reclamar a cesión gratuíta das vivendas propiedade da Sareb en Galicia, “co obxectivo de poder destinalas a alugueiro social”, como fora ratificado tamén polo Parlamento galego a través de dúas Proposicións Non de Lei aprobadas na Comisión 2ª de Ordenación territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do 3 de maio e 11 de xuño.Así mesmo, a conselleira volveu amosar á titular de Vivienda a disposición do Goberno galego “para coñecer ou avanzar en posibles ampliacións de solos finalistas libres de propiedade da Sareb en Galicia nas próximas fases do proxecto Viena”.M. Allegue reiterou a capacidade de xestión e de cumprimento con los compromisos adquiridos da Xunta, “non en vano Galicia foi das primeiras comunidades autónomas en asinar convenios de colaboración coa Sareb” e sinalou a vontade seguir afondando nesta colaboración “que nos permita seguir incrementando o parque público de vivenda no noso territorio, ofrecendo vivenda pública accesible aos diferentes colectivos que a demandan”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN