Xunta de Galicia

José González apela ao diálogo social e á unidade para avanzar no cooperativismo e na economía social co foco posto na dinamización do rural

José González apela ao diálogo social e á unidade para avanzar no cooperativismo e na economía social co foco posto na dinamización do rural

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

O titular de Emprego felicitou ás iniciativas premiadas no Certame Cooperativismo no Ensino e nos Premios á Cooperación 2024

Puxo en valor a importancia do proceso de escoita activa cos axentes da economía social para o deseño da nova Lei de cooperativas

Salientou que a Estratexia da economía social é unha planificación con horizonte 2027 con máis de 174 millóns de euros para seguir atraendo talento e mellorando a competitividade do tecido empresarial galego

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe en Nigrán no acto en conmemoración do Día do Cooperativismo Galego 2024, no que se recoñeceron as iniciativas premiadas no Certame Cooperativismo no Ensino e nos Premios á Cooperación 2024. Alí o titular de Emprego felicitou aos premiados e defendeu a importancia do diálogo social e a unidade entre a Administración e os distintos axentes sociais e económicos para avanzar en ámbitos como o cooperativismo e a economía social co foco posto na dinamización do rural.Nesta liña, puxo en valor a importancia do proceso de escoita activa cos axentes da economía social para o deseño da nova Lei de cooperativas co fin de adaptala aos novos tempos, cuestión na que o Goberno galego está reforzando o proceso de participación con todos os axentes implicados.Salientou ademais que o diálogo sempre é un aliado e que serviu para elaborar a segunda Estratexia da economía social que se está a executar na actualidade coa aspiración de xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial.Esta estratexia, explicou, é unha planificación con horizonte 2027 con máis de 174 millóns de euros presupostados para seguir atraendo talento a Galicia e seguir mellorando a competitividade do noso tecido empresarial, así como a economía dos coidados para o rural galego. Con ela, engadiu, a Xunta busca xerar emprego na economía social e emprego cada vez máis innovador e que a mocidade e as mulleres teñan maior presenza na economía social.Ademais, o conselleiro subliñou que o Goberno galego acompaña esta estratexia cun reforzo no investimento neste ámbito co obxectivo de que o cooperativismo e a economía social sigan sendo modelos de emprendemento de éxito en Galicia. Tamén mencionou os programas de apoio económico, de asesoramento e acompañamento, de formación e a realización de actividades divulgativas que desenvolve a Xunta a través da Rede Eusumo. A maiores, José González destacou a importancia e modelo de éxito das cooperativas en Galicia, que resistiu nas últimas crises e na pandemia e que, ademais, continúa medrando cunhas 138 novas cooperativas a peche de 2023. Trátase dun sector que o ano pasado facturou case 3.000 millóns de euros, o que representa un 4,5% do PIB galego e lembrou que 21 cooperativas galegas están entre as 600 máis relevantes do EstadoNeste sentido, manifestou que este é o camiño a seguir co fin de favorecer a cohesión social e do territorio, coa mirada posta nas persoas e baseándose na xeración dun emprego inclusivo, igualitario e solidario.Para iso, insistiu, é clave ir todos da man, agrupados e coordinados, para chegar ao entendemento e acadar as mellores solucións. Ademais, aproveitou a ocasión para dar as grazas ao Colexio Ángel de la Guarda e á Sociedade Cooperativa Galega La Mendoña, por abrir as súas portas para poder celebrar o Día do Cooperativismo en Nigrán. Tamén a todos os participantes no Certame Cooperativismo no Ensino e nos Premios á Cooperación 2024, así como aos arredor de 200 asistentes ao evento e ás persoas e entidades do Consello Galego de Cooperativas, polo seu importante labor para promover, apoiar e dar visibilidade ao cooperativismo en Galicia.O Día do Cooperativismo Galego, organizado pola Xunta e polo Consello Galego de Cooperativas, celébrase o primeiro sábado do mes de xullo coincidindo co Día Internacional do Cooperativismo. Nesta ocasión, este evento desenvólvese no concello pontevedrés de Nigrán baixo o lema As cooperativas constrúen un futuro mellor para todas as persoas. Trátase da 8.ª edición da celebración deste día en Galicia desde a súa orixe en 2016.O acto tamén contou coa presenza do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández; da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. Os premios entregados son, o da modalidade proxectos empresariais cooperativos do certame Cooperativismo no Ensino, que foi para IES Fernando Wirtz Suárez polo proxecto Arroutada, Sociedade Cooperativa Galega, e o áccesit neste ámbito, que obtivo a Sociedade Cooperativa Galega Mendiño coa iniciativa SailingDog. Os Premios á Cooperación 2024 foron para Consumo Consciente Árbore, co galardón aos valores cooperativos; A Morada Nosa, co recoñecemento ao mellor proxecto cooperativo novo; e A Carqueixa, co premio á traxectoria cooperativa.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN