Xunta de Galicia

José González reafirma o apoio da Xunta ao Hogar español de Ancianos en Montevideo pola súa relevancia para os galegos residentes no Uruguai

José González reafirma o apoio da Xunta ao Hogar español de Ancianos en Montevideo pola súa relevancia para os galegos residentes no Uruguai

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O titular de Emprego tamén visitou a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU), á que agradeceu o seu compromiso na promoción e captación de investimentos

González mantivo ademais un encontro coa colectividade do Centro Orensano de Montevideo: “Como ourensán síntome orgulloso de ver como os centros que representan a miña provincia no exterior manteñen vivos os lazos con Galicia”

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, salientou durante a súa visita ao Uruguai a importancia do Hogar Español de Ancianos en Montevideo para a comunidade galega e para o país en xeral. Acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e pola delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, González comprometeuse a asegurar a continuidade do centro no marco da colaboración da Xunta coas institucións sociais que acollen os galegos no exterior, destacando a súa relevancia como punto de encontro e apoio para as persoas de máis idade.Durante a súa estancia no Uruguai, José González, xunto a Rodríguez Miranda e Domínguez Alonso, tamén visitou a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU). Nesta visita, agradeceu aos empresarios o seu compromiso coa promoción e captación de investimentos, subliñando a importancia do seu traballo para fortalecer os lazos económicos entre Galicia e O Uruguai.O conselleiro mantivo ademais un encontro coa colectividade do Centro Orensano de Montevideo, onde expresou: “Como ourensán síntome orgulloso de ver como os centros que representan a miña provincia no exterior manteñen vivos os lazos con Galicia”. Este encontro permitiu fortalecer as relacións coa diáspora e reafirmar o compromiso de apoio por parte da Xunta de Galicia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados