Xunta de Galicia

Lara Meneses agradece o labor de divulgación e difusión por honrar e manter vivo o legado do dramaturgo Ramón María del Valle-Inclán

Lara Meneses agradece o labor de divulgación e difusión por honrar e manter vivo o legado do dramaturgo Ramón María del Valle-Inclán

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participa na presentación da a terceira edición do Festival de Teatro Valle–Inclán que “xa se está a consolidar dentro do panorama cultural galego”

O catálogo de actividades ofrece representacións teatrais, unha instalación artística, conferencias, visitas guiadas ou a presentación dun libro

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participou hoxe na presentación da terceira edición do Festival de Teatro de Valle–Inclán, Festivalle, onde destacou “a programación de calidade e multidimensional que completa a oferta teatral e cultural galega”.A representante da Consellería de Cultura Lingua e Xuventude destacou que esta cita “xa se está a consolidar dentro do panorama cultural galego” ao celebrar a terceira edición e ir máis alá do ámbito local para atraer a público diverso. Tamén agradeceu e felicitou á Asociación Amigos de Valle–Inclán pola labor de divulgación e difusión da figura e obra do autor na súa vila natal.Esta iniciativa busca honrar e manter vivo o legado atemporal de Ramón María del Valle–Inclán, unha das figuras senlleiras da historia da literatura, e tamén ser unha fonte de inspiración para as novas xeracións de dramaturgos. Por iso dende a Xunta, tal e como salientou a directora xeral de Xuventude, “queremos apoiar estas propostas culturais que fan da nosa cultura un faro cara onde mirar”.Durante a próxima semana terá lugar a diversa programación que a organización do evento ten prevista. Dentro do catálogo de actividades haberá representacións teatrais, unha instalación artística, varias conferencias, visitas guiadas ou a presentación dun libro.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN