Xunta de Galicia

López Campos celebra "a calidade dos plans incluídos no CulturON 2024" no concerto ofrecido por unha sección da orquestra Chicago Brass Quintet en Merza

López Campos celebra “a calidade dos plans incluídos no CulturON 2024” no concerto ofrecido por unha sección da orquestra Chicago Brass Quintet en Merza

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asiste hoxe á cita ofrecida polos integrantes de vento metal no marco da programación do Festival Galaico Brass

A cita forma parte das máis de 30 actividades culturais diarias que forman parte da campaña da Xunta de Galicia para os meses de verán

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, celebrou hoxe a calidade dos plans incluídos na campaña

coa que a Xunta de Galicia enche os meses de verán de propostas de interese cultural. Fíxoo en Merza, onde asistiu á actuación dunha sección da orquestra Chicago Brass Quintent no marco da programación do Galaico Brass Festival, que se celebra ata o 12 de xullo.Tal e como salientou o conselleiro de Cultura, a cita de hoxe reflicte a diversidade de propostas coas que os galegos poden gozar este verán e que inclúe unha trintena de tipoloxías nunha programación que chegará a máis de 200 concellos de Galicia. “Toda unha oportunidade para coñecer máis afondo a nosa cultura con plans que van desde o novo circo, as artes visuais ou o teatro a, como neste caso, a música clásica ou os festivais”.O Galaico Brass Festival celébrase ata o 12 de xullo na localidade pontevedresa de Merza con concertos diarios de diferentes estilos musicais. A programación complétase con actividades didácticas nas que máis de 100 alumnos e alumnas aprenden dalgúns dos mellores artistas do panorama musical europeo.Entre as figuras que actúan como profesorado na edición deste ano encóntranse Brian Wendel, trombonista internacional; Adam Rapa, trompetista de jazz e pop, ou Michael Mulcahy, trombón principal da Orquestra Sinfónica de Chicago.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN