Xunta de Galicia
López Campos celebra o inicio dun "verán de aventuras e convivencia" nos campamentos da Xunta
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
Resalta “a gran calidade das actividades” da programación estival do Goberno galego á que se refire como “un referente no Estado”
En total, participan nesta modalidade máis de 7.600 mozos e mozas, das cales 2.736 son na provincia da Coruña
No caso das instalacións de Espiñeira, o número de rapaces é de 492, 120 por quenda no campamento ‘Candilexas’ e 12 participantes no ‘Talentia’, con propostas que van desde o teatro, excursións ou xogos de aventura
A oferta en xeral da Administración autonómica para a xuventude entre xullo e setembro é de 11.533 prazas, o maior número da súa historia
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, celebrou hoxe o inicio dun verán “de aventuras e convivencia” coa posta en marcha dos campamentos da Xunta de Galicia. Fíxoo coa rapazada de entre 10 e 12 anos que hoxe chegou ao campamento de Espiñeira, en Boiro, onde destacou a ilusión “coa que os nenos e nenas chegan aquí para gozar de xornadas de verán cheas de actividade, amizade, aprendizaxe e enriquecemento persoal”.Neste senso, durante a visita, onde estivo acompañado pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, López Campos resaltou a “grande aposta que se fai desde o Goberno galego para ofrecer unha programación de verán de calidade para a mocidade, unha das de mellor nivel do Estado, onde somos todo un referente neste eido”. De feito, as propostas da Xunta teñen moita demanda fóra de Galicia e mesmo no estranxeiro. Así, nestas instalacións de Espiñeira, con 120 prazas por quenda, tamén se aloxan nestes días, ademais dos galegos, 20 menores de Castela–A Mancha que accederon á convocatoria grazas ao plan de intercambios con outras comunidades autónomas.En total son catro as estadías programadas neste complexo, cun total de 492 prazas nas que van incluídas as do campamento
e as 12 pertencentes a
, iniciativa de índole creativa que se estrea este ano entre o 26 de agosto e o 4 de setembro.Con este recibimento en Boiro, o responsable autonómico de Cultura, Lingua e Xuventude, quixo dar a benvida no seu conxunto á mocidade participante na primeira quenda duns campamentos que se estenden por toda Galicia, distribuídos en varios grupos ata setembro. Así, cómpre lembrar que este ano, baixo o lema
, ofertáronse nesta modalidade 7.611 prazas (2.736 na provincia da Coruña, 1.800 na de Lugo, 1.110 na de Ourense e 1.965 na de Pontevedra) para nenos e nenas de 9 a 17 anos.Trátase dunha cifra que, tal e como recordou López Campos, está incluída nas 11.533 prazas que a Xunta convocou na súa programación estival deste 2024, sendo a maior oferta da súa historia, e que abrangue tamén campos de voluntariado, os minicampamentos
, actividades para maiores de 18 anos, o programa
para a mocidade galega no exterior, ou a posta a disposición das instalacións xuvenís xestionadas pola Administración autonómica para o seu uso.No seu percorrido polo recinto de Espiñeira, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude puido comprobar de primeira man como se organizan os participantes en tendas de campaña e coñecer a variedade de actividades que teñen preparadas, como son as relacionadas coas artes escénicas (teatro, circo, maxia, danza...), as de aventura pola natureza, as deportivas, e mesmo as propostas nocturnas.A programación no conxunto de campamentos de Galicia está destinada a que a mocidade se divirta no seu tempo de lecer e á vez ao seu enriquecemento persoal e vital con actividades de educación non formal.Esta é só unha mostra da cantidade de opcións que atopa a xuventude na programación para as vacacións. Así, a estes campamentos súmanselle outros específicos de ocio alternativo para maiores de 18 anos e ata os 30, con 200 prazas distribuídas no albergue de Cabana de Bergantiños, campamento A Devesa en Ribadeo, albergue xuvenil de Allariz, albergue Montañas de Trevinca en A Veiga e complexo Cemar en Mondariz Balneario.Deste xeito, as persoas que sobrepasen a maioría de idade teñen á súa disposición durante xullo e agosto cinco instalacións diferentes nas que desenvolver roteiros, actividades artísticas, acuáticas ou de multiaventura.Ademais, para este 2024 tamén se celebra una nova edición dos minicampamentos
postos en marcha no 2020. Con 700 prazas ofertadas, distribuídas en 34 quendas, os nenos e nenas de entre 9 e 14 anos poden gozar de luns a venres en aloxamentos turísticos de toda a Comunidade. O obxectivo destes campamentos é impulsar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia e favorecer as necesidades de conciliación das familias.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando