Xunta de Galicia

López Campos comproba as obras de restauración na igrexa de Santa María de Sacos cun investimento de case 330.000? por parte da Xunta

López Campos comproba as obras de restauración na igrexa de Santa María de Sacos cun investimento de case 330.000€ por parte da Xunta

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O responsable autonómico de Cultura explica que o obxectivo destes traballos é resolver as patoloxías producidas polas inclemencias meteorolóxicas e o paso do tempo

A finalidade desta intervención tamén é corrixir as alteracións producidas por unhas intervencións que se levaron a cabo na segunda metade do século XX para evitar a entrada de auga e o exceso de humidade

A intervención encádrase no compromiso do Goberno autonómico coa conservación, protección e posta en valor do patrimonio rural galego

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado pola directora xeral de Patrimonio, Mª del Carmen Martínez, visitou hoxe a igrexa de Santa María de Sacos onde comprobou os traballos que a Xunta de Galicia está levando a cabo para resolver as patoloxías que produciron as inclemencias meteorolóxicas e o paso do tempo cun investimento de case 330.000?.Na visita ao templo que se atopa en Cerdedo–Cotobade, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude sinalou a necesidade dunha restauración, por unha banda, debido ás situacións climáticas adversas e, por outra, a causa duns traballos feitos, durante a segunda metade do século XX, para evitar a entrada de auga e o exceso de humidade, cos que o inmoble sufriu unha desvalorización estética e artística.Neste senso, agradeceu “a profesionalidade dos traballadores que están a levar a cabo estas obras para poder salvagardar os bens culturais, históricos e relixiosos que garda esta igrexa”. Nesta mesma liña, destacou que a actuación en Santa María de Sacos forma parte do compromiso que a Xunta de Galicia mantén coa conservación, a protección e a posta en valor do patrimonio rural galego.As intervencións, iniciadas en 2023 e executadas ao 65%, buscan solucionar as filtracións de auga do templo a través dun illamento térmico sobre as bóvedas da nave e a ábsida e sobre o falso teito da sancristía, ademais de impermeabilizar correctamente a cuberta e o encintado dos muros. Tamén inclúe, na porta principal, unha canle para a recollida de augas e evitar así as filtracións ao interior da igrexa. En canto aos paramentos, farase unha limpeza superficial e un saneado das xuntas para retirar os encintados de morteiro existentes.Para as carpinterías o proxecto tamén inclúe a substitución das ventás existentes de aluminio, que non permiten a ventilación da igrexa e a eliminación do revestimento superficial a base de árido, xeso e morteiro de cemento que cobre a maior parte dos muros. Nas intervencións tamén se prevé a retirada do coro de formigón por un novo realizado en madeira, semellante ao que tiña o inmoble. Finalmente, actuarase sobre as pinturas que se atopan na bóveda da ábsida.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 07 NOV 2024 | BOLETÍN