Xunta de Galicia

López Campos destaca a calidade dos cursos internacionais 'Música en Compostela'

López Campos destaca a calidade dos cursos internacionais ‘Música en Compostela’

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participou na inauguración dunha nova edición desta iniciativa que recibiu en 2022 o Premio da Cultura Galega da Xunta

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou esta tarde na inauguración dos LXVI Cursos Universitarios Internacionais Música en Compostela, un acto no que deu a benvida ao alumnado participante nesta nova edición e no que destacou “a gran calidade deste programa e o labor de preservación, formación e difusión do patrimonio musical que permite, ademais, estreitar vínculos entre profesionais de España e do resto do mundo”.Tal e como lembrou o representante de Cultura da Xunta a iniciativa recibiu no 2022 o Premio da Cultura Galega, convocado polo seu departamento. Neste senso, fixo fincapé na “gran traxectoria destes cursos que levan formando a persoas chegadas de distintos países ao longo de máis de 60 anos”, dixo, “acadando unha gran repercusión internacional e colocándose como un dos grandes proxectos culturais feitos desde Galicia”.Os cursos teñen lugar cada ano en Santiago de maneira que as persoas que toman parte deles, intérpretes profesionais e estudantes de todo o mundo, reciben formación musical. Ademais, durante o seu desenvolvemento, organízanse concertos en espazos singulares da capital galega. Nesta edición, que rematará o 10 de agosto, está programada unha actuación de Cuarteto Lucent no Hostal dos Reis Católicos; o tradicional repertorio dos alumnos en A la luz de los candelabros en Pontevedra; e outras propostas musicais no Hospital Clínico e no Conservatorio Profesional de Música.A súa creación foi iniciativa do mestre Andrés Segovia, apoiado polo diplomático José Miguez Ruiz Morales, quen era director xeral de Relacións Culturais do Ministerio de Asuntos Exteriores, e celébrase cada ano desde 1958.Ademais do propio traballo de formación nas súas aulas, desenvólvese desde Compostela un programa extraordinario de concertos, conferencias, recitais, visitas culturais e a edición de libros e partituras. Entre outras distincións, en 1997 foille concedida a Medalla de Honra da Real Academia de Belas Artes de San Fernando polo seu labor continuado para que a música española chegue a coñecerse mellor en todo o mundo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 07 NOV 2024 | BOLETÍN