Xunta de Galicia

María José Gómez reafirma a aposta da Xunta pola remuda xeracional no agro na clausura da IV Escola de Iniciación de futuros gandeiros

María José Gómez reafirma a aposta da Xunta pola remuda xeracional no agro na clausura da IV Escola de Iniciación de futuros gandeiros

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Nesta cita, a titular de Medio Rural animou á mocidade a seguir vencellada ao rural e a apostar por el, aproveitando o apoio que se lle presta por parte do Goberno autonómico

Lembrou que nesta lexislatura porase en marcha un Plan de fomento da remuda xeracional “amplo e cunha perspectiva transversal, baseado na formación, a sensibilización e a incorporación ao agro”

Fixo mención ás axudas para mozos e ao impulso á Formación Profesional Dual como algunhas das iniciativas da Xunta neste eido

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; polo alcalde de Lalín, José Crespo; e o presidente da Federación Frisona Galega (Fefriga), Manuel Sandamil; animou hoxe á mocidade “a seguir vencellada ao rural e a apostar por el, aproveitando o apoio que se lle presta por parte da Xunta de Galicia”. Na clausura da IV Escola de iniciación de futuros gandeiros e entrega de mencións ás mellores explotacións, organizada por Fefriga e o Clube de Xóvenes Gandeiros, puxo en valor as diferentes liñas de traballo do Goberno autonómico a prol da remuda xeracional no agro.Así, a conselleira resaltou o investimento de 164 millóns de euros en axudas xestionadas pola Xunta, que propiciou a incorporación á actividade agrogandeira en Galicia duns 5.000 mozos. Trasladou ademais que neste ano 2024 o número de solicitudes para esta liña de achegas ascendeu a máis de 400 e salientou tamén que se puxo en marcha, por primeira vez, unha nova convocatoria de subvencións específica para persoas de entre 41 e 55 anos, que rexistrou máis de 170 solicitudes.A maiores, Gómez lembrou que nesta lexislatura porase en marcha por parte do Goberno autonómico un Plan de fomento da remuda xeracional “amplo e cunha perspectiva transversal, baseado na formación, a sensibilización e a incorporación ao agro”. Nesta liña, remarcou, dende a Consellería “buscamos revalorizar e visibilizar na sociedade en xeral as profesións vinculadas ao campo”.En relación específica coa formación para o rural, a conselleira reiterou a aposta da Xunta por iniciativas como a Formación Profesional Dual, con novos ciclos que se estrearán o vindeiro curso 2024–2025, en liña coa Consellería do Educación, nos seis centros propios da Consellería no territorio galego, destacando a “formación práctica para que poidades ter un contacto máis directo coa realidade laboral e cos profesionais, como o tivestes estes días en Mouriscade”.Neste acto, Fefriga entregou as distincións honoríficas 2024 ás mellores explotacións de Galicia, concedidas a partir dos datos recollidos no control do rendemento leiteiro feitos polas diferentes asociacións provinciais de gandeiros para o control do rendemento leiteiro (Africores).

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN