Xunta de Galicia

Martina Aneiros destaca o éxito de acollida do Tren Turístico Ruta dos Faros para o que xa non quedan prazas dispoñibles este verán

Martina Aneiros destaca o éxito de acollida do Tren Turístico Ruta dos Faros para o que xa non quedan prazas dispoñibles este verán

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Este é un dos 11 itinerarios que Turismo de Galicia oferta este ano na campaña dos Trens Turísticos que rexistra, ata o de agora, una ocupación global do 78,3%

Durante o percorrido os participantes visitaron puntos de gran interese como os cabos Ortegal e Estaca de Bares, o santuario de San André de Teixido ou o miradoiro Vixía de Herbeira

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe na Ruta dos Faros, unha das 11 rutas incluídas na campaña de Trens Turísticos de Galicia posta en marcha pola Xunta, Renfe e Inorde e que permite coñecer toda a Comunidade autónoma e os seus recursos máis destacados.Aneiros salientou a gran acollida da iniciativa “xa consolidada na oferta galega estival e que reforza a sustentabilidade do destino Galicia, especialmente a ruta que hoxe completamos que amosa a riqueza paisaxística e patrimonial da comarca do Ortegal e que está xa ao 100% de ocupación”. A pesar de que xa non hai prazas dispoñibles nas próximas saídas desta ruta, a delegada animou a participar este verán nalgún dos outros itinerarios que aínda contan con vacantes dentro da campaña “que a estas alturas da tempada rexistra unha ocupación global do 78,3%.No percorrido que se prolongou durante toda a xornada, os participantes visitaron puntos de gran interese como o Cabo Ortegal, o miradoiro Vixía de Herbeira, o santuario de Santo André de Teixido ou o Cabo Estaca de Bares, entre outros. O itinerario completouse coa visita aos cantís de Loiba e á localidade de Viveiro, onde os participantes dispuxeron de tempo para comer antes de regresar. A ruta dos Faros non é o único itinerario turístico que permite dar a coñecer Ferrolterra este verán. Así no programa está incluída a ruta das Mariñas que parte da Coruña con destino a Ferrol e percorre as Mariñas e Terras do Mandeo, visitando Betanzos, Paderne e Pontedeume. De volta en Ferrol, realízase un paseo pola ría e outro polo barrio da Magdalena. Será o 17 de agosto.A campaña dos trens turísticos inclúe ademais as rutas da Camelia –levouse a cabo en marzo–, a dos Mosteiros, a do Museo do MEGA e a Coruña de 1906, a Ruta da Lamprea, a das Rías Baixas, as Rutas dos Viños do Ribeiro e a de Monterrei, a Ruta dos Queixos e a dos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia.Cada ruta dos Trens Turísticos de Galicia ten unha duración dun día e ademais do percorrido en tren, a iniciativa inclúe un servizo de guías oficiais de Galicia durante a viaxe, xunto con traslados complementarios en autobús e entradas aos puntos de interese. A programación completa, xunto con toda a información para a reserva e a compra de billetes, pódese consultar na web de Turismo de Galicia. Os billetes tamén se poden mercar nos despachos de calquera estación Renfe.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN