Xunta de Galicia

Martina Aneiros visita os traballos da segunda campaña arqueolóxica no castro de Esmelle

Martina Aneiros visita os traballos da segunda campaña arqueolóxica no castro de Esmelle

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta mañá, xunto ao reitor da USC, a vicerreitora do Campus de Ferrol e representantes municipais e veciñais, nunha visita guiada ao xacemento da man dos directores da escavación, Samuel Nión e Juan Luis Montero Fenollós

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá nunha visita á escavación arqueolóxica que se está a levar a cabo no castro de Esmelle, coñecido como Tralocastro, promovida pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da Universidade da Coruña (UDC) e o Concello de Ferrol.Durante a visita, que estivo guiada polo director da Cátedra, Juan Luis Montero Fenollós e o investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Samuel Nión, directores da escavación, os participantes entre os que tamén se atopaba o reitor da UDC, Ricardo Cao, a vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana Ares, e representantes municipais e veciñais, coñeceron os últimos achados desta segunda campaña na que se sacaron á luz diferentes elementos construtivos defensivos, vestixios dunha típica vivenda castrexa de planta circular e fragmentos de muíños de rotación circular, entre outros.Coa fin de divulgar o resultado dos traballos arqueolóxicos, o próximo xoves día 1 de agosto organízanse outras dúas visitas guiadas (ás 11.00 e ás 16.30 horas) abertas á cidadanía. Trátase de percorridos guiados de carácter gratuíto que non requiren inscrición previa e que tomarán a saída do entorno do local da AVV de Esmelle.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN