Xunta de Galicia

Medio Rural reforza a súa colaboración cos técnicos de muxido a prol da mellora da calidade do leite galego

Medio Rural reforza a súa colaboración cos técnicos de muxido a prol da mellora da calidade do leite galego

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias mantivo un encontro con responsables da Asociación Galega de Técnicos de Muxido (Agatem), que amosaron ademais a súa preocupación pola falta de remuda á fronte do colectivo

A Xunta coincide con estes profesionais en destacar que a calidade do leite das explotacións gandeiras é clave na competitividade deste eido produtivo e pon en valor a contribución da Estratexia de dinamización do sector ao fomento desa excelencia

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Asociación Galega de Técnicos de Muxido (Agatem). O encontro serviu para avanzar na colaboración en materia de mellora da calidade do leite galego, potenciando o labor que levan a cabo estes técnicos.Na xuntanza, o representante da Consellería do Medio Rural coincidiu con estes profesionais en destacar que a calidade do leite das explotacións gandeiras galegas é clave no desenvolvemento competitivo do sector. Neste sentido, José Balseiros puxo en valor os esforzos da Xunta nesta materia, que se canalizan fundamentalmente a través da Estratexia de dinamización deste eido produtivo, unha folla de ruta que ten entre as súas liñas estratéxicas de traballo o fomento da calidade do leite e da súa transformación na nosa comunidade.Os responsables de Agatem trasladaron tamén a súa preocupación polas dificultades que están atopando para facer efectiva a remuda da directiva da asociación, pois os seus integrantes están xa preto da xubilación, polo que fan un chamamento xeral aos técnicos para que se impliquen nestas tarefas.O colectivo está integrado por máis de medio cento de profesionais, que dispoñen da correspondente autorización e cualificación da Consellería do Medio Rural para realizar as revisións dos equipamentos de muxidura e tanques de frío nas explotacións da nosa comunidade autónoma.Entre os obxectivos desta asociación está o de fomentar o desenvolvemento sanitario e económico do sector gandeiro galego e participar na formación empresarial e profesional dos seus membros, así como colaborar coa administración no campo dos sistemas de manexo e control, cara propiciar unha mellora das prácticas na produción láctea.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN