Xunta de Galicia

O novo edificio de FP do Instituto Manuel Chamoso Lamas do Carballiño permitirá incrementar a oferta do centro e dotalo de mellor equipamento

O novo edificio de FP do Instituto Manuel Chamoso Lamas do Carballiño permitirá incrementar a oferta do centro e dotalo de mellor equipamento

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O conselleiro de Educación comproba o avance das obras, que estarán rematadas para o curso 2025/26 e contan cun investimento de case 2,5M?

Este é un dos 140 centros que se beneficiará da dotación de novos equipamentos punteiros, como unha equilibradora ou unha desmontadora de rodas

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, comprobou esta mañá o avance das obras de ampliación do Instituto IES Manuel Chamoso Lamas, do Carballiño. Unha actuación que, como explicou, conta cun orzamento de case 2,5M? co fin de dotar o centro de mellores espazos e equipamento para os ciclos de FP e permitir un incremento de prazas.Durante a visita, o representante da Xunta anunciou tamén un investimento de case 6M? –cifra que se multiplica por catro con respecto ao ano 2023– para dotar aos centros de toda Galicia de FP da tecnoloxía máis punteira. Entre eles, detallou, atópase este instituto ourensán. O Instituto Manuel Chamoso Lamas é un dos 140 centros beneficiados, cunha inxección de 64.000? para un paquete de dotación que inclúe unha equilibradora e unha desmontadora de rodas, un equipamento de ensaio mediante ultrasóns ou un brazo de robot colaborativo con controladora, entre outra maquinaria.En canto á ampliación do centro, ao abeiro do Plan de Nova Arquitecta Pedagóxica constrúese un novo edificio anexo para albergar talleres e aulas de FP, con especial atención aos ciclos da familia profesional de Soldadura e Caldeiraría. Cómpre salientar que estas ensinanzas se implantaron no centro precisamente pola demanda dos traballadores das empresas do metal da área empresarial do Carballiño.A superficie total do novo volume será de 1.581m². No andar superior habilitaranse tres novas aulas, ademais de aseos, almacén, conserxería, vestíbulo e distribuidor. No andar baixo localízanse os talleres de mecanizado e soldadura, vestiarios, espazos de almacenamento, cuarto de telecomunicacións, distribuidor, vestíbulo e recepción.As obras están xa en marcha, con traballos iniciais de escavación, e a previsión é que o novo edificio entre en funcionamento no curso 2025/2026.O instituto conta con preto de 450 alumnos, dos que máis de 160 son de Formación Profesional. Para o curso 2024/25, a Xunta incorpora á súa oferta o ciclo de FP Básica de Mantemento de Vehículos. Ademais, o centro conta cos ciclos de FP Básica en Electricidade e electrónica, os ciclos de grao medio en Xestión administrativa, en Instalacións eléctricas e automáticas e en Electromecánica de vehículos automóbiles.Na modalidade dual intensiva oferta proxectos nos ciclos de grao medio en Electromecánica de maquinaria e de Soldadura e caldeiraría, así como nos de grao superior en Automatización e robótica industrial e en Robótica colaborativa.Ademais desta obra de gran envergadura, no marco do dentro do novo Plan de Benestar e Accesibilidade na Escola a Xunta está a executar este verano outras actuacións de pequena reforma e mellora en centros de ensino do Carballiño por importe de preto de 50.000, en concreto no Colexio CEIP Calvo Sotelo e no Instituto IES Nº1.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN