Xunta de Galicia

As obras de mellora na LU-651 obrigan a cortar o tráfico durante dous meses entre Ferrería vella e Seoane do Courel

As obras de mellora na LU-651 obrigan a cortar o tráfico durante dous meses entre Ferrería vella e Seoane do Courel

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O corte comezará mañá luns, 5 de agosto, e finalizará previsiblemente o 11 de outubro con motivo dos traballos necesarios para acometer o ensanche da plataforma da calzada no pq 32+600 desta estrada e garantir a seguridade

A actuación que está a levar a cabo a Xunta desenvólvese nun treito de dous quilómetros, cun investimento de 3,4M?, e enmárcase na mellora integral que leva a cabo o Goberno galego nesta estrada autonómica

Os desvíos quedarán sinalizados coas respectivas limitacións, en función de se se trata de vehículos lixeiros ou pesados.

As obras de mellora que a Xunta está a desenvolver na LU–651 entre Ferrería Vella e Seoane do Courel obrigarán ao corte temporal deste treito de dous quilómetros da estrada autonómica a partir deste luns 5 de agosto e previsiblemente ata o día 11 de outubro. Os desvíos quedarán sinalizados coas respectivas limitacións en función dos vehículos lixeiros e pesados. O corte é necesario para garantir a seguridade debido aos traballos de movemento de terras e de execución da estrutura dun pontón no pq 32+600, para abordar o ensanche da plataforma da calzada.No caso dos vehículos lixeiros que se despracen desde Folgoso cara Seoane e que non cumpran coas restricións de ancho menor de 2 metros e galibo menor de 2,5 metros desviaranse pola vila de Moreda, mentres que os vehículos que cumpran coas restricións das citadas dimensións poderán usar o desvío desde Ferrería Nova e Seoane, con regularización semafórica para ambos sentidos. Para os vehículos pesados, sinalizaranse desvíos a través das estradas provinciais de Meiraos e Seceda.A previsión da Xunta é rematar este outono estas obras de mellora da estrada LU–651 neste treito entre Ferrería Vella e Seoane do Courel, no que se está a realizar un investimento de 3,4M?. Estas actuacións enmárcanse na mellora integral que impulsa o Goberno galego na estrada LU–651 (Quiroga–Seoane) no tramo de 12 km entre a saída de Folgoso e Seoane do Courel, cun orzamento global de 9,6 M?. De xeito paralelo a Xunta avanza na redacción do proxecto da 2ª fase de acondicionamento desta estrada, entre a saída de Folgoso e a saída da travesía que atravesa o núcleo de Ferrería, cun investimento que superará os 6 M?.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 07 NOV 2024 | BOLETÍN