Xunta de Galicia

As obras de renovación do pavimento e da iluminación da Ponte Esperela, en Leiro, obrigan a cortar o tráfico na estrada OU-209 a partir deste luns

As obras de renovación do pavimento e da iluminación da Ponte Esperela, en Leiro, obrigan a cortar o tráfico na estrada OU-209 a partir deste luns

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Para executar esta intervención será necesario o corte da circulación no tramo da OU–209 entre os puntos quilométricos 3+820 e 3+990

Para facilitar a mobilidade nesta zona, habilitarase un itinerario alternativo para os vehículos que necesiten cruzar o río Avia

As actuacións, cun orzamento de 370.000 euros, inclúen a mellora do firme nesta contorna, así como a dotación dunha nova iluminación

As obras de renovación do pavimento e da instalación dunha nova iluminación na Ponte Esperela, en Leiro, obrigan a cortar o tráfico na estrada OU–209 a partir deste luns.A execución desta intervención precisa a ocupación total da anchura do treito obxecto das obras. Neste sentido, considérase necesario o corte da circulación pola OU–209 no tramo entre os puntos quilométricos 3+820 e 3+990.Este corte terá lugar durante a execución dos traballos, ao longo dos vindeiros 3 meses aproximadamente.Para facilitar a mobilidade nesta zona, habilitarase un itinerario alternativo para os vehículos que necesiten cruzar o río Avia. Así, en lugar de empregar a Ponte Esperela situada á altura do punto 3+900 da OU–209, os condutores deberán utilizar a ponte á altura do punto 0+140.Os vehículos que circulen pola estrada OU–504 deberán xirar á esquerda se circulan cara a Cea ou á dereita se van cara a Ribadavia, na intersección coa estrada OU–209 situada á altura do punto 6+700, tomando a OU–209 para cruzar o río Avia.Os coches que circulen pola estrada OU–209 cara á Ponte Esperela con obxecto de cruzar o río Avia deberán efectuar un cambio de sentido para dirixirse cara a intersección coa estrada OU–504, cruzando a ponte situada á altura do punto 0+140 aproximadamente da mesma estrada OU–209.As actuacións, cun orzamento de 370.000 euros, inclúen o fresado do aglomerado da calzada e posterior escavación das gabias lonxitudinais e transversais para afastar as canalizacións do subministro eléctrico e das arquetas. As gabias reporanse con formigón armado que sirva de base para o aglomerado en quente final que se acometerá na estrada.Tamén se dotará esta contorna de alumeado público. Neste caso, a empresa deberá, primeiramente, proceder á execución da acometida e colocación dun cadro de mando nun poste de formigón da rede existente e despois levará a cabo a execución das gabias para as canalizacións. Os tubos irán protexidos con formigón onde haxa tráfico rodado e executarase a subministración aos báculos cos proxectores para a iluminación da estrada na marxe dereita do río e dos alzados e os bañadores de parede do muro de acompañamento.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN