Xunta de Galicia

O Observatorio da Sociedade da Información incorpora unha nova ferramenta que simplifica o acceso aos datos estatísticos

O Observatorio da Sociedade da Información incorpora unha nova ferramenta que simplifica o acceso aos datos estatísticos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O portal do Osimga xa dispón dun cadro de mando con Business Intelligence que ofrece a información máis actualizada e completa sobre dixitalización en Galicia

Esta nova ferramenta permite personalizar as consultas, acceder ao histórico de datos, xerar gráficas e visualizar mapas sobre a dixitalización por provincias

Facilita unha actualización inmediata das estatísticas da sociedade dixital e está aberta a todo o público

O Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (Osimga), da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, xa conta cunha nova ferramenta que facilita as consultas sobre as estatísticas de dixitalización que publica periodicamente a través de informes e estudos para a avaliar a penetración das tecnoloxías na Comunidade.Grazas á aplicación de tecnoloxías baseadas en

, os usuarios poderán acceder desde o portal do Osimga a un cadro de mando que permite personalizar as consultas; seleccionar os anos da serie histórica que se desexen visualizar e presentar un ou varios indicadores simultaneamente na mesma gráfica. Tamén permite modificar diferentes características do aspecto das gráficas.Grazas á versatilidade da nova ferramenta de difusión, as actualizacións dos datos estatísticos da sociedade dixital iranse aplicando de forma inmediata, cando estean dispoñibles. Ademais, o cadro de mando permite a consulta das series históricas antigas, que se irán ampliando ano a ano.Os datos que conten con desagregación a nivel provincial poden ser visualizados a través de mapas dinámicos integrados no propio cadro de mando.O novo cadro de mando conta, tamén, cun apartado de resumo dos datos máis destacados e acceso á metodoloxía, fontes de datos e ao proxecto técnico que se aprobou, así como ao plan estatístico anual e á Lei de Estatística de Galicia.Todas as funcionalidades descritas están xa dispoñibles en

, nun apartado específico na web denominado Cadro de Mando.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 07 NOV 2024 | BOLETÍN