educación

Paneis solares ou estudio de radio: este instituto de Galicia está no rural e ten de todo

Visitamos o IES Pedras Rubias, en Salceda de Caselas (Pontevedra), que estrea curso con instalacións renovadas que permiten estudar Bacharelato no propio concello

Ies Pedras Rubias en Salceda de Caselas
00:00
Paula Pájaro

Ies Pedras Rubias en Salceda de Caselas

Redacción COPE Galicia

Galicia - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O curso 2024/2025 é especial para o alumnado do Instituto Pedras Rubias. Este centro educativo na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas estrea novas instalacións que o fan unha referencia educativa en toda a comunidade. E isto, desde o rural. 

As novas instalacións do IES Pedras Rubias

As novas instalacións do IES Pedras Rubias

Segundo accedes ao centro Pedras Rubias, un amplo corredor lévache polos distintos espazos. A primeira parada é a aula de polos creativos. Aí, un gran croma verde chama a atención: un estudo de gravación con dous grandes focos axudará a rapazada cos seus proxectos. Tamén un estudio de radio e o taller de robótica, onde unha ducia de mozos e mozas están a montar os seus robots e a configuralos.

Polo creativo

Paula Pájaro

Polo creativo

Salceda de Caselas estrea un instituto máis amplo e coa posibilidade de rematar Bacharelato. Este curso sairá de aquí a segunda promoción. Xa non teñen que desprazarse para continuar cos seus estudos: poden facelo neste concello de 9.000 veciños do sur de Galicia. Ata agora, a rapazada tiña que ir aos municipios do Porriño ou Tui. 

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visita este mércores o instituto despois da obra de ampliación que acometeu o seu departamento, por máis de 3,3 millóns de euros. 

Paula Pájaro entrevista al conselleiro de Educación
00:00

Entrevista ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, en COPE Galicia

Un novo edificio de 1600 metros cadrados

As obras deixan 1600 metros cadrados de nova superficie, en dúas plantas. As novas instalacións únense a través dunha pasarela co edificio existente. Oito aulas forman parte da área docente, que conta con dous departamentos, un laboratorio e o espazo que funciona como polo creativo.

Unha pasarela une o edificio antigo co novo

Unha pasarela une o edificio antigo co novo

Non foi doado convivir coas obras. Aquí estudan case 500 adolescentes e 50 gardiáns do saber, como a propia directora define o equipo docente... pero pagou a pena.

Estudio de radio en el centro educativo
00:00
Paula Pájaro

Xoel, Lúa e Ainhoa estudan no Instituto de Salceda de Caselas

"O instituto é moito máis bonito, parece un hospital", ri Xoel, que recoñece estar "moi contento". "Motívame moito máis vir ao Instituto tendo sofás nos recreos, nas clases...",  destaca outra alumna. Lúa. Ao seu lado, Ainhoa recoñece que "ter o instituto novo motiva" e celebra "ser os privilexiados de estrealo". 

Grazas ao estudio de radio, Ainhoa ten claro que quere ser "xornalista". De feito, xa foi a Madrid grazas ao programa de radio escolar. Lúa está máis orientada cara á saúde pero "non descarto facer un podcast sobre enfermería". Xoel é apaixonado da tecnoloxía e a bioloxía pero, ao participar nestas iniciativas aprendeu a ser máis "elocuente", comenta. 

El conselleiro de Educación, en una de las aulas

O conselleiro de Educación. nunha das aulas

O instituto está preparado para producir enerxía renovable, por medio de paneis solares fotovoltaicos, caldeiras de biomasa e acumuladores térmicos. Isto fomenta o aforro enerxético e reduce as emisións, segundo subliña o departamento de Educación.

Instalacións do laboratorio

Instalacións do laboratorio

Plan de nova Arquitectura Pedagóxica

O de Pedras Rubias é un dos 43 centros que se están a ampliar ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta, que conta cun investimento total de 68 millóns de euros.

Mural de Castelao nun dos corredores do centro

Paula Pajaro

Mural de Castelao nun dos corredores do centro

Rodríguez subliñou que o modelo educativo galego é un sistema de proximidade no que os resultados do alumnado do rural e do urbano son idénticos.

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 19 SEP 2024 | BOLETÍN