Xunta de Galicia

Portos de Galicia adxudica neste mes de xullo as obras de remodelación e ampliación da lonxa de Tragove, licitadas por 1,38 millóns de euros

Portos de Galicia adxudica neste mes de xullo as obras de remodelación e ampliación da lonxa de Tragove, licitadas por 1,38 millóns de euros

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Os traballos permitirán dotar ao edificio dunha nova zona para a limpeza de caixas, a preparación do peixe e cámaras de frío e conxelación

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou o peirao de Tragove, no concello pontevedrés de Cambados onde anunciou a próxima adxudicación das obras remodelación e ampliación da lonxa deste municipio. O responsable autonómico, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, recordou que esta actuación foi licitada polo ente público por valor de 1,38 millóns euros. As obras previstas consisten ampliación do edificio actual cara o nordeste, creando unha nova zona destinada á limpeza de caixas, a preparación do peixe e cámaras de frío e conxelación. Ademais redistribuiranse os espazos na planta baixa destinada a oficinas. O novo espazo ampliado terá unha superficie de aproximadamente 300 metros cadrados continuando a cuberta existente e incluirá unha pequena zona abrigada que sirva para acoller a carga e descarga de mercadorías nos camións. Con isto elimínase do actual espazo da lonxa a zona de limpeza, o almacén de caixas e a cámara frigorífica. O proxecto inclúe tamén o acondicionamento da actual planta baixa modificando a distribución dos baños e a oficina da confraría e dispoñendo unha zona de vestiario e aseos así como outra de almacén para carretillas. Así mesmo, a oficina de inspección sanitaria substitúese por unha de atención aos clientes. Por outra banda, na zona central da lonxa créase un espazo para a pesada do peixe e outro para o marisco e o quiosco destinado a oficinas substitúese por un novo elemento móbil. Finalmente, en vista do estado de deterioro que presentaba a cuberta do inmoble e en resposta ás demandas do sector, incluíuse no proxecto a súa renovación polo que quedará formada por unha placa de fibrocemento gran onda de exterior, con illamento de la de rocha de espesor 80 mm e polo interior unha prancha de fibrocemento minionda. A prancha superior apoiarase nunha estrutura formada por vigas e correas prefabricadas. O titular de Mar sinalou que a previsión é que os traballos teñan unha duración de oito meses e puxo en valor o esforzo inversor do Goberno galego nas instalacións portuarias de titularidade autonómica e o seu impacto positivo na actividade pesqueira que acollen estas infraestruturas así como nas condicións de traballo dos profesionais. Nesta liña, situou esta actuación como exemplo do compromiso da Xunta por seguir impulsando un sector estratéxico da economía galega. Alfonso Villares volveu a insistir na necesidade de que o Goberno central rectifique e acceda a rebaixar o IVE ao peixe, marisco e conservas, como ven demandando o sector, do mesmo xeito que se fixo con outros produtos da cesta da compra. O responsable autonómico reiterou o impacto positivo que tería esta medida, avalada por informes de organismos independentes, no consumo e no conxunto da cadea mar–industria nun contexto de descenso xeralizado así como os seus beneficios para a saúde dos consumidores polas propiedades nutritivas excepcionais destes alimentos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 14 NOV 2024 | BOLETÍN