Xunta de Galicia

O presidente da Xunta convoca aos representantes da oposición a senllas xuntanzas o día 6 de xuño

O presidente da Xunta convoca aos representantes da oposición a senllas xuntanzas o día 6 de xuño

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Rueda propón á oposición trazar unha posición común da Comunidade Autónoma, consensuada tamén co BNG e o PSdeG, de cara á reunión co presidente do Goberno central, Pedro Sánchez

Tal e como avanzou hoxe na Radio Galega, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, convocou hoxe por carta a senllas xuntanzas o día 6 de xuño aos dous representantes da oposición parlamentaria en Galicia: a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Belén Pontón Mondelo, e o secretario xeral do PSdeG–PSOE, Valentín González Formoso.“Gustaríame tomar a iniciativa e comezar unha rolda de contactos cos representantes da oposición para poñer en común a vosa visión e a da Xunta respecto á situación actual e futura de Galicia”, expresa o presidente na súa misiva.Entre os asuntos que, ao seu xuízo, son prioritarios para Galicia, Rueda cita a suba abrupta dos prezos ata niveis descoñecidos nos últimos 30 anos, a necesidade de que os fondos europeos contribúan a unha reactivación sólida e sostida e a necesidade de seguir mellorando a calidade dos nosos servizos públicos.O presidente da Xunta expresa na carta a súa intención de consensuar coa oposición unha posición única da Comunidade Autónoma de cara á reunión que manterá co presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, cando este a convoque.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

Temas relacionados

Programas

Último boletín

02:00H | 20 OCT 2024 | BOLETÍN