Xunta de Galicia

Román Rodríguez avanza un aumento do profesorado nos centros educativos galegos para o novo curso

Román Rodríguez avanza un aumento do profesorado nos centros educativos galegos para o novo curso

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro destaca “a baixada histórica das rateos”, con menos alumnos por aula para mellorar a atención, grazas a acordo asinado coas organizacións sindicais

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, avanzou hoxe que o número de profesores aumentará no novo curso nos centros educativos galegos. Así se expresou, a preguntas dos medios de comunicación, durante a súa asistencia á XIII da Festa do Mar, en Poio.Román Rodríguez salientou que o novo curso estará marcado pola “baixada histórica das rateos”, con menos alumnos por aula e profesor, grazas ao acordo asinado con tres das catro organizacións sindicais. “Coa aplicación deste acordo, salvamos máis de 200 aulas”, detallou, o que blinda a estrutura do sistema público a medio e longo prazo.“Os datos son moi contundentes e falan dunha mellora do sistema. Tan contundentes que, con 4.000 alumnos menos nas etapas de Infantil e Primaria, imos ter máis aulas e máis profesores, co cal melloran os rateos”, explicou o titular de Educación da Xunta. Ao respecto, lembrou que Galicia xa era unha das comunidades con mellor porcentaxe de alumnos por aula e profesor e que, con estas medidas, seguirá agora mellorando.Neste senso, o seu departamento continúa a traballar nos preparativos da volta das aulas como vén facendo durante todo o verán, polo que aínda se producirán novas incorporacións docentes ata o mes de setembro, cando poderá concretarse o dato.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 12 SEP 2024 | BOLETÍN