Xunta de Galicia

Román Rodríguez supervisa as obras de ampliación do CIFP Vilamarín, que este ano suma dous ciclos de FP na modalidade dual intensiva

Román Rodríguez supervisa as obras de ampliación do CIFP Vilamarín, que este ano suma dous ciclos de FP na modalidade dual intensiva

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro de Educación visita a obra na que a Xunta inviste 800.000? e que se prevé completar a finais do último trimestre do ano

Estase a construír un novo módulo para as aulas e talleres dos títulos de Pastelería e Panadería

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou hoxe o avance das obras de ampliación do Centro Integrado de FP Vilamarín. Durante o seu percorrido polo centro, no que estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, o titular do departamento educativo da Xunta destacou o acerto da súa conversión en centro integrado o pasado curso, “que permitiu reforzar a súa especialización na familia profesional da Hostalaría na área de Ourense, apostando polo sector agro–hostaleiro, facendo énfase na hostalería sostible de quilómetro 0”, dixo.Román Rodríguez remarcou que as obras en marcha teñen como obxectivo, precisamente, mellorar os espazos para impartir os ciclos desta familia profesional. A intervención inclúe a ampliación do centro pola falta de espazo no módulo de talleres–cociña, máis concretamente na zona dedicada a Pastelería. Para iso, estase a edificar un novo volume encostado á edificación actual, pola súa banda norte, cun soto destinado a vestiarios e limpeza e unha planta baixa dividida en tres grandes aulas/talleres, unha de Panadería e outros dos espazos de Pastelería.A remodelación deste centro conta cun investimento de case 800.000? co obxectivo de renovar e adaptar as infraestruturas aos novos servizos. O conselleiro explicou que o obxectivo desta obra “é dar resposta ás necesidades logo de converterse en CIFP e ampliar a oferta FP no rural, como un reforzo á especialización da hostalaría na área de Ourense”.A obra, iniciada no mes de maio, xa leva avanzado un 14% do proxecto e se prevé que este rematada para o último trimestre do ano 2024. Agora durante a época estival estanse desenvolvendo as actuacións na estrutura, realizándose o forxado da baixa cuberta.Román Rodríguez enmarcou esta actuación no compromiso da Xunta co impulso á FP en Galicia. “Non en balde, para o curso que vén, o centro contará co ciclo básico de Dual Intensiva de Aproveitamentos forestais, con 18 prazas, e co ciclo de medio de Dual Intensiva en Servizos de restauración, con 44 alumnos”, resaltou durante a visita.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 13 NOV 2024 | BOLETÍN