Xunta de Galicia

Román Rodríguez supervisa o proceso de matrícula gratuíta nas universidades públicas galegas para asegurar o seu correcto funcionamento a partir do mércores

Román Rodríguez supervisa o proceso de matrícula gratuíta nas universidades públicas galegas para asegurar o seu correcto funcionamento a partir do mércores

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

O procedemento é o habitual de todos os anos, a través da aplicación informática específica que incorpora por primeira vez a medida de gratuidade da Xunta

O conselleiro subliña que a bonificación “é automática”, polo que as familias non teñen que adiantar ningunha contía pola matrícula universitaria dos seus fillos

Subliña que se materializa así o compromiso do Goberno galego de apoio ás familias blindando a igualdade de oportunidades no acceso á educación superior

Teñen matrícula de balde todos os que inicien estudos en primeiro curso así como os de segundo e posteriores cursos que superen unha porcentaxe de créditos entre o 65% e o 90% segundo a área de coñecemento

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, participaron esta mañá nunha proba de matrícula gratuíta a modo de simulacro para comprobar de primeira man o correcto funcionamento do sistema a partir do mércores, cando as tres universidades públicas galegas abren a primeira quenda de chamamentos para matrícula.O obxectivo disto é, segundo detallou Román Rodríguez, asegurar que a nova medida “se aplica correctamente” para todos os estudantes que inician por primeira vez estudos universitarios de grao, así como para aqueles de continuidade nas tres universidades públicas galegas. Non en balde, a Consellería e as universidades levan varios meses traballando na configuración técnica desta aplicación.O conselleiro explicou que o proceso “é o habitual de todos os anos” a través da aplicación informática da universidade onde o alumno resultara admitido: “A única novidade é que agora, ao cargar os datos persoais, no apartado de bonificacións ou exencións aparece unha nova opción que é a bonificación do 99% da Xunta de Galicia”. Tamén subliñou que, unha vez concluída a matrícula e comprobado que se cumpren os requisitos, a bonificación “é automática”, polo que as familias “non terán que adiantar ningunha contía”.Román Rodríguez aproveitou para poñer en valor a importancia desta medida, que “reflicte o firme compromiso que temos no apoio ás familias e na igualdade de oportunidades no acceso á educación, neste caso á educación superior”.Así pois, esta semana comeza a aplicarse a gratuidade da matrícula para os estudos de grao universitario, así como para os de ensinanzas artísticas superiores (Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais) en centros públicos galegos, tanto no caso de novo ingreso como no de continuidade de estudos.No que atinxe aos estudos de grao, todo o alumnado de novo ingreso obtén unha bonificación equivalente ao 99% da matrícula para iniciar os seus estudos nas tres universidades públicas galegas ou nun centro público galego de ensinanzas artísticas superiores. Isto supón que os alumnos que cumpran os requisitos tan só aboarán o 1% do custe da matrícula, o que se traduce nunha cantidade simbólica de 7,1 euros ao ano de media como taxa. É dicir, 0,6? de media ao mes.Para iso deberá cumprir co requisito de ter superado a ABAU nas convocatorias de 2024 ou ben as probas específicas para maiores de entre 25 e 45 anos organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), ou ter superado un ciclo formativo de grao superior no curso 2024.No caso do alumnado de continuidade de 2º curso en adiante, deberá ter cursado estudos de grao en Galicia no 2023–24 e matricularse no curso 2024–25 na totalidade dos créditos correspondentes ás materias previstas para o curso de que se trate, nunha das tres universidades públicas galegas.A maiores, deberá ter superado as porcentaxes de crédito matriculados, algo que varía segundo a área de coñecemento: 90% dos créditos para as áreas de Artes e Humanidades e de Ciencias Sociais e Xurídicas, 80% para Ciencias da Saúde e 65% para as de Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura.Doutra banda, para aqueles alumnos universitarios que non cumpran cos requisitos de gratuidade, poderanse beneficiar de novo da conxelación das taxas de grao e máster para o vindeiro curso, co que Galicia levará 14 anos consecutivos coas taxas universitarias conxeladas. Así pois, todos os alumnos que cursen un máster universitario e aqueles que cursen un grao e queden excluídos da gratuidade por non cumprir os requisitos aboarán un prezo medio de 11,89?/crédito.Así mesmo, o alumnado de ensinanzas artísticas superiores tamén se beneficia da gratuidade da matrícula destes estudos que, no caso dos de novo ingreso, deberán ter superado as probas específicas de acceso en Galicia. Quedan exentos deste requisito os que acceden directamente aos estudos superiores de Grao en Deseño ou en Conservación e restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de aceso ao ter acadado un título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.Para o alumnado de continuidade (de 2º a 4º curso), para optar á bonificación do 99%, requírese estar matriculado en curso completo nun centro público de Galicia no curso anterior e ter superado en primeira matrícula como mínimo o 90% das totalidade deses créditos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN