Xunta de Galicia

Rueda anuncia un programa de medidas para mellorar a xestión e control das incapacidades temporais

Rueda anuncia un programa de medidas para mellorar a xestión e control das incapacidades temporais

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

Avanza que a partir de setembro poranse en marcha medidas para optimizar o seguimento das baixas, mellorando a asistencia sanitaria aos afectados e reducindo os trámites burocráticos

Os partes médicos de incapacidade temporal xa incluirán a cita para a próxima consulta de recoñecemento

Despois do verán, os servizos de Admisión dos hospitais emitirán os partes de baixa dos pacientes que teñan programado o ingreso para seren operados

Reforzarase a colaboración coas mutuas colaboradoras da Seguridade Social e, a partir de outubro, as probas realizadas por elas incorporaranse á historia clínica electrónica dos pacientes Sergas para garantir unha continuidade asistencial áxil

Intensificarase a actividade inspectora mediante citacións presenciais e apoio aos médicos prescritores da incapacidade temporal

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou hoxe un programa de medidas para mellorar a xestión e o control dos procesos de incapacidade temporal, que permitirá optimizar o seguimento das baixas, mellorando a asistencia sanitaria aos afectados e reducindo os trámites burocráticos asociados, beneficiando tanto os pacientes como o persoal sanitario.Rueda cualificou esta iniciativa como “un acordo importante”, que permitirá que a partir de setembro toda a xestión das baixas sexa “máis operativa, máis eficiente e máis áxil”. Para conseguilo, adoptaranse unha “serie de medidas para mudar algunhas das prácticas que se viñan desenvolvendo ata o de agora”Tal e como explicou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, o obxectivo principal é “racionalizar, simplificar e por tanto axilizar” todo o proceso para volvelo “máis eficiente tanto para o paciente que solicita a baixa, como para o facultativo que a prescribe, como para o sistema que é o que o paga”.Así, os partes médicos emitidos polo facultativo de atención primaria que estiman a duración do proceso de incapacidade temporal e establecen a data do próximo recoñecemento deberán fixar a correspondente cita presencial para a consulta. Deste xeito evítase que o paciente deba solicitar a cita cando se achegue a data e que poida non atopar ocos dispoñibles, o que podería dar lugar a una prolongación innecesaria da situación de incapacidade temporal.Na mesma liña de reducir trámites, a partir do mes de setembro os médicos dos servizos de Admisión dos hospitais do Servizo Galego de Saúde emitirán os partes médicos dos pacientes programados para ingreso por intervención cirúrxica. Isto evitará a sobrecarga nos distintos servizos hospitalarios. O pasado ano xa se realizou un proxecto piloto cos servizos de traumatoloxía e de uroloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela para tramitar as baixas de pacientes que ingresan por urxencias.Co mesmo obxectivo de reducir a carga de traballo a médicos de atención primaria e evitar desprazamentos aos pacientes, a través da plataforma É–Saúde estarán dispoñibles os partes de pacientes con fracturas, seguindo as táboas de duración estándar do programa de xestión e control da incapacidade temporal, polo menos nos casos de longa duración, é dicir, de máis de 60 días. Paralelamente, no caso de baixas por procedementos patalóxicos oncolóxicos, está previsto que a partir do último trimestre de 2024 os partes se emitan de forma automática tendo en conta os controis que determine o Servizo de Oncoloxía do hospital correspondente.Tamén se reforzará a colaboración, unha medida que o conselleiro de Sanidade cualificou como “moi importante”, coas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social. Así, nos procesos pendentes da realización de probas ou procedementos, as mutuas poderán realizar as ditas probas, para o que se fixa un prazo medio de 8 días. A Consellería de Sanidade incorporará á historia clínica electrónica do paciente esas probas ou procedementos para garantir unha continuidade asistencial áxil. Ata o de agora esas probas fanse despois igualmente polo Servizo Galego de Saúde, malia que xa foron realizadas pola mutua. En 2023, as probas prescritas polo Servizo Galego de Saúde e autorizadas pola Inspección para ser realizadas polas mutuas foi de 11.218. No primeiro semestre de 2024, foron autorizadas 5.401 probas.Ademais destas medidas que a Xunta está a desenvolver, a Consellería de Sanidade planifica a creación de unidades asistencias especializadas para controlar os procesos de incapacidade temporal de patoloxías músculo–esqueléticas e de psiquiatría menor, “que representan a maior carga de procesos de baixa temporal no noso entorno”. O obxectivo é diminuír a duración dos tempos daqueles procesos que excedan do tempo óptimo de duración. Para iso, elaborarase un plan que inclúa o persoal sanitario necesario, outros medios e indicadores de seguimento e resultados.Ademais, a Consellería de Sanidade vén de iniciar un programa de intensificación da actividade inspectora a través de dúas medidas, as citacións presenciais na Inspección de servizos sanitarios e a creación en servizos centrais dunha unidade de apoio aos médicos prescritores dos procesos de incapacidade temporal.Así, na data do 22 de xullo, 56.825 procesos de incapacidade temporal estaban activos. Nos dous meses anteriores a esa data, a inspección citou para control a máis do 10 % deses procesos dos que preto dun 40 % cursaron alta.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN