Xunta de Galicia

Valentín García chama a "analizar a situación das linguas nos novos contextos comunicativos"

Valentín García chama a “analizar a situación das linguas nos novos contextos comunicativos”

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O secretario xeral da Lingua participa na inauguración da USC ‘A lingua galega no século XXI: desafíos e fronteiras’, que se celebra desde hoxe ata o mércores

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe en Ribeira na inauguración do curso

organizado pola Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela, onde destacou a necesidade de “analizar a situación dos idiomas e da lingua galega nos novos contextos comunicativos nos que nos atopamos hoxe en día”.Neste senso, fixo fincapé na liña de traballo posta en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude co fin de aproveitar as novas tecnoloxías e a intelixencia artificial para impulsar a presenza do idioma galego en novos espazos con proxectos como o Proxecto Nós, centrado no procesamento automático da lingua propia. “Para o futuro do galego é fundamental asegurar a súa presenza nas novas linguaxes dixitais”, apuntou o secretario xeral da Lingua.Tal e como explicou Valentín García, estes son os temas sobre os que versarán as xornadas dirixidas polos catedráticos e académicos Henrique Monteagudo e Xosé Luís Regueira, e que se desenvolven desde hoxe ata o mércores no Centro Cultural Lustres Rivas. “Unha proposta moi acaída que afonda tamén na transmisión interxeracional da lingua no Barbanza e o seu mantemento nas escolas e nas dinámicas familiares, engadiu. O curso desenvólvese baixo os epígrafes T

. Neste marco, os participantes poderán reflexionar, grazas aos expertos, na situación actual do galego e nas estratexias de transmisión, continuando coa descrición lingüística da Galicia actual e os novos repertorios plurilingües con especial interese en Ribeira. As novas formas de comunicación, coas posibilidades da tecnoloxía aplicadas ao idioma, será outro dos temas protagonistas, poñendo sobre a mesa o Proxecto Nós ou os sistemas de síntese de voz e recoñecemento da fala.A programación complétase con outras accións prácticas de carácter cultural e patrimonial, como son a visita á illa de Sálvora, cunha sesión de narración con Quico Cadaval; a presenza na Nova Lonxa de Ribeira; unha ruta literaria guiada pola escritora Chus Blanco, e a visita ao Museo do Gravado de Artes.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN