Xunta de Galicia

Xosé Merelles destaca que a revista científica Ad Limina contribúe ao engrandecemento do Xacobeo

Xosé Merelles destaca que a revista científica Ad Limina contribúe ao engrandecemento do Xacobeo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Trátase dunha revista interdisciplinar que se vén publicando anualmente desde 2010

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou esta mañá en Santiago de Compostela, un novo número da revista científica Ad Limina, centrada en estudos do Camiño de Santiago e no fenómeno das peregrinacións. Xosé Merelles salientou a importancia desta publicación para analizar o Camiño como fenómeno social e global e a súa achega ao “engrandecemento deste fenómeno”.Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia subliñou que “o mundo xacobeo é todo un universo que cada día se enriquece polas experiencias dos peregrinos que viven o Camiño”, pero “tamén o é por este tipo de publicacións que suman rigor científico, comparacións, estatísticas e novos campos aos xa tradicionais” de estudo.Ad Limina é dunha publicación interdisciplinar que se vén editando desde 2010 con carácter anual, na que teñen cabida artigos de carácter científico sobre a historia, a arte, a iconografía, a literatura, a arqueoloxía, a música e a liturxia do Camiño e o Xacobeo. Pero ademais, tamén se inclúen outros de “áreas menos frecuentadas, como a antropoloxía, a xeografía, a medicina, a lexislación, o paisaxismo ou o medio ambiente, que nos últimos anos está a ter un importante impacto”, apuntou Xosé Merelles.Referíndose ao número publicado este ano, o director de Turismo de Galicia subliñou que Ad Limina xa aborda na presentación como afecta a globalización a este fenómeno e cales son as súas implicacións sociais. Ademais, recolle outros aspectos como o paso de todo o que significa o Xacobeo para converterse nun campo de estudo, como as novas tecnoloxías axudan na realización do Camiño, como ver a arte e outras manifestacións nos distintos roteiros desde unha perspectiva formativa e por suposto a realización da peregrinación durante a pandemia en contacto coa natureza.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN