Xunta de Galicia

A Xunta actualiza a normativa da educación básica para persoas adultas

A Xunta actualiza a normativa da educación básica para persoas adultas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Axústase aos cambios introducidos pola normativa estatal e introduce unha redacción máis simplificada, que aporta maior claridade

Esta adaptación non supón un cambio significativo no funcionamento dos centros

A Xunta vén de publicar no Portal de Transparencia o proxecto de orde polo que se regula a educación básica para persoas adultas e se establece o seu currículo en Galicia. O obxectivo do texto é actualizar a normativa vixente, adaptándoa á estrutura definida pola lei educativa estatal, LOMLOE.Ademais da devandita adaptación normativa ao marco estatal, o novo texto supón unha simplificación na redacción, que aporta maior claridade. Así mesmo, Introdúcese un novo artigo dedicado de xeito específico a conceptos de elementos clave na orde, por exemplo no que atinxe á denominación das citadas ensinanzas iniciais (antes chamadas ensinanzas básicas iniciais) ou da valoración inicial das aprendizaxes (VIA), ata o momento denominada avaliación inicial para a adscrición do alumnado.Esta nova proposta normativa non supón, con todo, unha cambio significativo na distribución dos ámbitos de coñecemento destas ensinanzas. Tampouco no que atinxe ao funcionamento dos centros nin ao horario e desenvolvemento das actividades lectivas, seguindo as mesmas liñas de actuación que se viñan desenvolvendo ata o momento.De conformidade coa normativa estatal, o proxecto de orde estrutura as ensinanzas básicas para persoas adultas nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia. O proxecto de orde regula a súa organización e desenvolvemento, os contidos do currículo nos diferentes ámbitos de coñecemento e os documentos oficiais de avaliación, entre outros detalles.Concrétanse, asemade, aspectos relativos á estrutura das programacións didácticas, adecuándose ao establecido para as ensinanzas ordinarias da educación secundaria obrigatoria, actualízanse as equivalencias e validacións así como os criterios de titulación, que se adaptan ao novo marco normativo. Os cidadáns poderán realizar suxestións á norma a través do Portal de Transparencia ata o 29 de agosto, antes do seu paso pola mesa sectorial.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN