Xunta de Galicia

A Xunta adxudica a execución das obras dunha nova senda peonil na estrada PO-510, na parroquia Budiño, no municipio do Porriño

A Xunta adxudica a execución das obras dunha nova senda peonil na estrada PO-510, na parroquia Budiño, no municipio do Porriño

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Esta intervención, adxudicada por máis de 225.000 euros, reforzará a seguridade e a mobilidade dos peóns no treito desta estrada autonómica, na zona da Vaquería

A senda, cunha lonxitude de 640 m, desenvolverase pola banda esquerda desta vía

Acondicionarase a parada de autobuses e procederase á substitución da marquesiña existente para acadar maior comodidade dos usuarios do transporte público

As intervencións enmárcanse no Plan de sendas de Galicia, a través do que a Xunta xa executou máis de 300 km de itinerarios peonís e ciclistas e prevé acometer nesta lexislatura outros 150 km máis

O obxectivo da Xunta é comezar as obras da senda en setembro para poder poñelas á disposición dos veciños de Budiño na primavera de 2025

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar a execución das obras dunha nova senda peonil na parroquia de Budiño, no concello do Porriño.Esta actuación, que foi adxudicada por 226.614 euros á empresa Construcións Obras e Viais, S.A. Covsa, ten como obxectivo habilitar na estrada PO–510 este itinerario é permitir desprazamentos a pé en condicións de seguridade nesta parroquia de Budiño, en concreto na zona da Vaquería.A solución adxudicada polo departamento de Infraestruturas da Xunta centrarase así en reforzar a seguridade e a mobilidade dos peóns nun treito de estrada que ten unha densidade de tráfico moi elevada, alcanzando máis de 20.000 vehículos diarios.En concreto, executarase unha senda, cunha lonxitude de 640 metros pola banda esquerda da estrada, de 1,80 metros de ancho con bordo e unha elevación con respecto á rasante da calzada de 10 centímetros, agás nos accesos ás vivendas ou fincas.Nas beirarrúas, e onde así o indique a normativa de accesibilidade, colocarase pavimento táctil nos vaos peonís, para aumentar a seguridade con sinais que fomentan a inclusión.A actuación contratada tamén inclúe o acondicionamento da parada de autobuses e a substitución da marquesiña existente, para acadar maior comodidade dos usuarios do transporte público.O obxectivo da Xunta é comezar as obras da senda en setembro para que poida estar á disposición dos veciños de Budiño na primavera de 2025.Estas intervencións enmárcanse no Plan de sendas de Galicia, a través do que a Xunta xa executou máis de 300 km de itinerarios peonís e ciclistas e prevé acometer nesta lexislatura outros 150 km máis.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN