Xunta de Galicia

A Xunta agarda que a conexión ferroviaria Lugo-Santiago se materialice en tempo e non sexa un exemplo máis de demora e incumprimento por parte do estado con Galicia

A Xunta agarda que a conexión ferroviaria Lugo-Santiago se materialice en tempo e non sexa un exemplo máis de demora e incumprimento por parte do estado con Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Goberno galego congratúlase da licitación do estudo previo para realizar esta mellora pero lamenta a falta de compromiso real coas necesidades galegas en mobilidade

A Xunta congratúlase pola licitación do estudo previo para mellorar a conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago e agarda que o proxecto se materialice en tempo. Nesta liña, o Goberno galego lamenta as demoras e incumprimentos que acumulan diversas infraestruturas e servizos de transporte ferroviario prioritarios para a comunidade, como a conexión de alta velocidade con Portugal, a chegada da alta velocidade a todas as cidades ou o eixe A Coruña–Ferrol, entre outros.O Goberno galego móstrase ademais escéptico na materialización deste proxecto ante os reiterados estudos de viabilidade e de alternativas iniciados e que unicamente dilatan expectativas de mobilidade, como acontece coa conexión de Cerdedo para a chegada da alta velocidade directa a Vigo ou a saída sur desta cidade. Fronte aos avances nas execucións, os únicos xestos reais do Goberno central con Galicia foron encamiñados a estudos con tempos de desenvolvemento moi superiores aos necesarios. Para a Xunta trátase polo tanto de medidas cosméticas sen impacto real para a cidadanía.Lémbrase tamén a necesidade de demostrar un auténtico compromiso con Lugo a través do impulso doutras conexións que levan anos agardando. Entre elas están a conexión ferroviaria con Ourense, que achegaría a alta velocidade á cidade luguesa, o remate das obras da autovía Lugo–Santiago, comprometida para 2021 e que sigue acumulando retrasos, ou a reparación da autovía A6 ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro, onde continúa habilitado un único carril repercutindo na comunicación e competitividade da provincia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 13 SEP 2024 | BOLETÍN