Xunta de Galicia

A Xunta amplía o crédito destinado a pemes e autónomos galegos logo da boa acollida amosada polo tecido empresarial

A Xunta amplía o crédito destinado a pemes e autónomos galegos logo da boa acollida amosada polo tecido empresarial

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A Consellería de Economía e Industria amplía en preto de 6M? a liña que favorece o financiamento, tanto coa bonificación dos tipos de xuro dos préstamos de xeito moi favorable, como coa obtención de avais sen custo algún

A convocatoria abriuse en xaneiro coa previsión de poñer en circulación ata 80M? recibíndose xa solicitudes por importe superior a esa cifra, motivo polo que se prevé este incremento orzamentario que permitirá chegar ata os 120M? en operacións

A través deste programa, desde o 2020 aprobáronse preto de 3.500 solicitudes, moitas delas vencelladas ao Reaval Covid posto en marcha no contexto da pandemia, e se formalizaron operacións por valor de máis de 227M?

A liña complementa ao programa de préstamos directos, que mellora tamén as condicións de acceso ao crédito do tecido produtivo, e que ven de ampliar ata os 50M? o seu orzamento ante o interese amosado polo tecido empresarial

O Goberno galego, a través da Consellería de Economía e Industria, segue a traballar na mellora da competitividade do tecido empresarial galego, facilitando, entre outras accións, o acceso a financiamento de pemes e autónomos galegos nun escenario como o actual marcado por tipos de xuro máis elevados.Neste marco, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ampliación da liña de acceso ao crédito que, a través dun convenio coas entidades de crédito e as Sociedades de Garantía Recíproca (SGR), pon a disposición de pemes e autónomos préstamos nas condicións máis vantaxosas. En concreto, achéganse 5,8M? máis, que se suman aos preto de 12M? previstos inicialmente, na procura de que os beneficiarios soliciten tanto a bonificación do tipo de xuro dun préstamo como a obtención do aval sen custo algún.A ampliación da resposta así a boa acollida empresarial da liña. No en van, a convocatoria, aberta no mes de xaneiro, prevía poñer en circulación ata 80M?, recibíndose xa solicitudes por importe superior a esa cifra. Agora, e con este incremento, se prevé chegar ata aos 120M? en operacións nas que pemes e autónomos poden financiar investimentos e circulante, ou refinanciar préstamos anteriores que se materializasen en condicións menos vantaxosas. O obxectivo é posibilitar ao tecido empresarial galego o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e circulante estrutural, pagamentos e reestruturación de débedas e tamén para favorecer a capacidade das empresas para outorgar garantías fronte a terceiros.A modalidade de apoio poderá consistir na bonificación do tipo de xuro dos préstamos, na bonificación da comisión do aval, e no reaval do risco asumido polas SGR que faciliten o acceso ao crédito.A concesión das axudas, dispoñibles ata o 30 de setembro, é por concorrencia non competitiva, sendo subvencionables todos os proxectos que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras ata o esgotamento do crédito. A Consellería de Economía e Industria segue así a facilitar o acceso a préstamos ao tecido empresarial galego, principalmente a pemes e autónomos ao ser estes os que sofren maiores dificultades para acadar o financiamento adecuado ás súas necesidades, dando continuidade a unha liña moi ben acollida.Neste sentido, desde o 2020 aprobáronse xa, no marco deste programa, preto de 3.500 solicitudes, moitas delas vencelladas ao programa Reaval Covid posto en marcha no contexto da pandemia, formalizándose operacións por valor de máis de 227 millóns.Así mesmo, esta liña complementa ao programa de préstamos directos, cuxo obxectivo vencéllase tamén á mellora das condicións de acceso ao crédito do tecido produtivo, favorecendo a entrada a instrumentos de débeda, e que ven de ampliar ata os 50M? o seu orzamento ante o interese amosado polo tecido empresarial galego.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN