Xunta de Galicia

A Xunta amplía o prazo de solicitude do Moves III, do que xa leva concedido máis de 32 M? en axudas para a compra de vehículos eléctricos

A Xunta amplía o prazo de solicitude do Moves III, do que xa leva concedido máis de 32 M€ en axudas para a compra de vehículos eléctricos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Desde que se abriu a convocatoria en 2021, rexistráronse 9.700 solicitudes, das que a Administración autonómica leva resolto máis do 80%, cun investimento mobilizado superior aos 210M?

Desas solicitudes de axuda, 5.269 foron para mercar un vehículo eléctrico (máis de 22M?) e 2.136 para a instalación de puntos de recarga (máis de 10M?), e se están rexistrando unha media de 270 por mes

O obxectivo deste programa é impulsar a mobilidade eléctrica e sustentable entre particulares, empresas e sector público, incentivando a compra de vehículos eficientes e reforzando a implantación de infraestruturas de recarga

A Xunta, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependente da Consellería de Economía e Industria vén de ampliar ata finais de ano o prazo de solicitude do Moves III, do que xa leva concedido máis de 32M? en axudas para incentivar a compra de vehículos eléctricos.En concreto, desde que se abriu a convocatoria en 2021, rexistráronse 9.700 solicitudes, das que a Administración autonómica leva resolto máis do 80%, 7.405 por importe de 32,7M?, cun investimento mobilizado superior aos 210M?.Desas solicitudes de axuda, 5.269 foron para mercar un vehículo eléctrico (máis de 22M?) e 2.136 para a instalación de puntos de recarga (máis de 10M?), e se están rexistrando unha media de 270 por mes.Á vista da demanda, o Instituto Enerxético de Galicia solicitou ao Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (Idae), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, dúas ampliacións do crédito inicial, polo que o orzamento total do MOVES III asignado a Galicia ascende neste momento a 50,2M?.O obxectivo deste programa é impulsar a mobilidade eléctrica e sustentable entre particulares, empresas e sector público, incentivando a compra de vehículos eficientes e reforzando a implantación de infraestruturas de recarga.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN