Xunta de Galicia

A Xunta apoia a comercialización dos produtos da marca Artesanía de Galicia en Sanxenxo

A Xunta apoia a comercialización dos produtos da marca Artesanía de Galicia en Sanxenxo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na inauguración da terceira edición da feira Ofeitoaman Sanxenxo, que este ano estrea localización na Praza de Fonte de Ramos e estará aberta ata o domingo 25

Dos 21 expositores que participan na feira, oito son profesionais de Artesanía de Galicia especializados en cerámica, cantaría, instrumentos musicais, coiro, manipulado de papel, xoiaría e complementos de moda

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na inauguración da terceira edición da feira Ofeitoaman Sanxenxo, na que destacou o apoio da Xunta a este tipo de eventos de comercialización directa do produto artesán galego e de visibilización da marca Artesanía de Galicia. Ofeitoaman, organizada pola Asociación Galega de Artesáns e polo Concello de Sanxenxo, co apoio da Xunta, cambia este ano de localización e estará aberta ao público na Praza de Fonte de Ramos de Sanxenxo ata o 25 de agosto, en horario de 12,00 a 14,00 e de 19,00 a 24,00 horas. Na edición deste ano participan 21 expositores en total en diferentes quendas, dos cales oito son profesionais da marca Artesanía de Galicia especializados en cerámica, cantería, instrumentos musicais, coiro, manipulado de papel, xoiaría e complementos de moda. Durante toda a feira poderase ver o traballo de Artesanía en piedra Alejandro Fernández (Pontevedra), Otero Regal Ceramista (Viveiro) e Sanín Percusión Tradicional (Santiago de Compostela). Ata o 13 de agosto poderanse atopar as pezas de Dona Formiguinha (A Estrada), Joyas de papel (Nigrán) e Sonia Arnaiz (Santiago de Compostela); e do 14 ao 25 de agosto estarán os obradoiros El 8 es nuestro (Santiago de Compostela) e Paseloqpase (Ribadumia). Ofeitoaman Sanxenxo constitúe unha aposta por celebrar unha feira de artesanía que aspire a ser o referente do sector no verán galego na zona do Salnés e das Rías Baixas, vinculado ao turismo de calidade.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

o5:00H | 19 SEP 2024 | BOLETÍN