Xunta de Galicia

A Xunta avanza no proceso participativo para activar o Plan Estratéxico do comercio a comezos de 2025

A Xunta avanza no proceso participativo para activar o Plan Estratéxico do comercio a comezos de 2025

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

No marco dese proceso de escoita, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hai uns días coa Asociación de comerciantes industriais, servizos e autónomos (Acisa) de Ribadeo, xunto co alcalde e outros representantes municipais

Tratáronse tamén apoios ao comercio retallista como as axudas por 2,25 millóns de euros para a dinamización dos centros comerciais abertos, ao abeiro das que Acisa vén de recibir preto de 44.000 euros

A Xunta avanza no proceso participativo aberto para elaborar o Plan estratéxico do comercio e telo listo a comezos do próximo ano 2025. Así, no marco dos encontros que están tendo lugar con este fin, nos últimos días o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse coa Asociación de comerciantes industriais, servizos e autónomos (Acisa) de Ribadeo, en compañía tamén do alcalde ribadense, Daniel Vega, e doutros representantes municipais.Segundo destacou o director xeral, estase a elaborar así da man de todos os implicados unha planificación en materia de transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e tamén artesanal, que permita desenvolver un Mapa do Comercio de Galicia efectivo. Isto é, un espazo que contemplará a todo o sector comercial integrado dentro das asociacións, cun buscador por tipoloxía de establecemento, xeolocalización e información detallada para potenciais clientes.Alén fixo alusión tamén ao Plan de remuda xeracional no comercio que se está a perfilar, con proxectos piloto nas cabeceiras de comarca que atendan ás necesidades de cada contorna e á análise de sincronización da oferta e da demanda.No marco da nova estratexia, apuntou o director xeral de Comercio e Consumo, o Goberno galego seguirá apostando pola revitalización dos mercados, prazas de abastos, recintos destinados a feiras e centros comerciais abertos.Nesa liña, recordou –entre outros– apoios autonómicos como a convocatoria para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos dotada este ano con 2,25 millóns de euros e da que se vén de beneficiar Acisa, precisamente, cunha contía de preto de 44.000 euros.Con estas achegas, subliñou Gabriel Alén, o Executivo autonómico financia actuacións de dinamización comercial, fidelización de clientela, dixitalización ou para o mantemento da unidade xerencial. Grazas á aportación da Xunta, os beneficiarios teñen a oportunidade de financiar gastos derivados de campañas de dinamización, feiras de oportunidades ou eventos de promoción comercial. Tamén descontos de aparcamentos vencellados coas vendas, envíos en liña, mantemento de marketplaces, ou de desenvolvemento de apps de fidelización.O responsable autonómico tamén mencionou que está aberto –ata o 13 de setembro– o prazo de solicitude da convocatoria de comercio circular que dispón dun orzamento de 1,2 millóns de euros para potenciar a transformación sostible dos sectores comercial e artesán, así como para impulsar as pemes e autónomos do sector téxtil a través de novos programas específicos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados