Xunta de Galicia

A Xunta cede material de emerxencias ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de nove concellos lucenses

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Entrega dous remolques, dúas tendas de campaña e equipamento eléctrico, de seguridade viaria ou para actuacións no medio acuático

A Xunta fixo entrega de diverso equipamento de emerxencias a nove Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) doutros tantos concellos da provincia de Lugo.O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se trata de remolques, tendas de campaña ou elementos de seguridade viaria e para actuacións no medio acuático, que suman un investimento de 59.000 euros.En concreto, Riotorto e Taboada recibiron senllos remolques; Ourol e Pol, tendas de campaña; Burela, Ribadeo e Viveiro, equipos para intervir no medio acuático; Cervantes, material loxístico de seguridade viaria, e Chantada un kit de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias.Os remolques contan con electro bomba somerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil, motoserra, rozadoira, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización. Pola súa banda, as tendas de campaña teñen teitos de 4x4 metros, estruturas reforzadas de aluminio e kit de iluminación de baixo consumo, entre outras características. En canto ás ferramentas eléctricas, o kit consta de amoladora, serra sable, motoserra con mochila para transporte, taladro percutor, miniarrancador, baterías e cargadores.O material loxístico para a seguridade viaria inclúe unha mampara de protección visual pregable, soportes telescópicos antivento, pack de sinalización, tetrápodos con reflectantes, balizas sincronizables e lanternas. Por último, o kit para actuacións no medio acuático consiste nunha cadeira anfibia para adultos, unha táboa de rescate ríxida, un tubo de rescate e unha caixa de primeiros auxilios.O equipamento entregado pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia.Javier Arias destacou o importante papel que realizan as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e o apoio da Xunta ao seu labor, que se manifesta tanto na achega de dotacións como de recursos para gastos de funcionamento ou na oferta de actividades de formación para os seus membros.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN