Xunta de Galicia
A Xunta centraliza por primeira vez o contrato de subministración de suturas mecánicas para o Servizo Galego de Saúde cun aforro estimado de case 400.000 euros ao ano
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O Consello da Xunta autoriza a licitación da subministración durante 3 anos por un importe de 20 M?, que se elevaría ata os 37,8 M? no caso de ser prorrogado
As suturas cirúrxicas con dispositivos que empregan grampas ou clips permiten unións seguras e precisas, con menor risco de contaminación e redución dos tempos operatorios
O Consello da Xunta autorizou hoxe a contratación da subministración sucesiva de suturas mecánicas para as sete áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde por un valor estimado de 20.267.411 euros durante tres anos.Trátase da primeira contratación centralizada deste material coa que se garante a equidade na sanidade pública de toda Galicia e, ademais, espérase obter un aforro de 390.773 euros ao ano, o que supón unha redución media do 5% con respecto aos prezos actuais.A finalidade da contratación dos produtos necesarios para realizar suturas cirúrxicas mediante o uso de dispositivos que empregan grampas ou clips é cortar ou grampar principalmente órganos internos, vasos sanguíneos e pel.Grazas a estes dispositivos a unión do tecido é segura e precisa, ademais de proporcionar menor traumatismo, menor risco de contaminación polo contido das vísceras, redución de tempos cirúrxicos e diminución de complicacións postoperatorias.As suturas mecánicas empréganse en intervencións como cirurxías gastrointestinais, torácicas, xinecolóxicas ou bariátricas, entre outras.A licitación do contrato autorizada hoxe polo Consello da Xunta divídese en 21 lotes para atender as diferentes características físicas e funcionais de cada sutura e que son necesarias para resolver as distintas cirurxías. Ademais, a división por lotes, cos seus respectivos sublotes, garante unha economía de escala que fomenta a redución dos custos e o acceso aos contratos especialmente de pequenas e medianas empresas fabricantes e distribuidoras.O contrato prevé a posibilidade de ser prorrogado ata un máximo de cinco anos. Nese caso, o valor estimado ascendería aos 37,8 millóns de euros.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando