Xunta de Galicia

A Xunta e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais colaboran para desenvolver actuacións de concienciación sobre seguridade industrial

A Xunta e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais colaboran para desenvolver actuacións de concienciación sobre seguridade industrial

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, mantivo hoxe un encontro co decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Julio García, e máis co seu director de Xestión, Pablo Pérez

A cita tivo como eixo central o seguimento do convenio de colaboración asinado o pasado mes de xuño que inclúe a organización dun congreso sobre a materia así como a realización de xornadas de divulgación e guías prácticas entre outras actividades de fomento e difusión

A Xunta, a través da Consellería de Economía e Industria, e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) están a colaborar para desenvolver actuacións de concienciación e sensibilización á sociedade galega sobre a importancia da seguridade industrial.Neste marco, o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, mantivo hoxe un encontro co decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais, Julio García, e co seu director de Xestión, Pablo Pérez, para abordar o seguimento do convenio de colaboración asinado o pasado mes de xuño. No marco deste acordo está prevista a celebración do primeiro congreso sobre seguridade industrial que se vai celebrar na Comunidade galega, así como xornadas de divulgación e guías prácticas en outras actividades.Este convenio forma parte do programa extraordinario de medidas en materia de seguridade industrial que a Xunta vai levar a cabo na Comunidade Autónoma ao longo deste ano 2024 para fortalecer este ámbito e entre as que se inclúen actividades de fomento e difusión.A seguridade industrial comprende aquelas actividades de prevención e limitación de riscos, ou protección contra accidentes e sinistros que poden producir danos e perdas ás persoas, os bens ou o medio ambiente, derivados da actividade industrial ou do uso, funcionamento e mantemento das instalacións ou dos equipos e da produción, almacenamento ou refugallo de produtos industriais.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

13:00H | 09 NOV 2024 | BOLETÍN